Notificacións Dixitais

Xestiona as notificacións da túa empresa de maneira rápida e ordenada.

CONTRATAR
Notificacións Dixitais CONTRATAR
Entra en CONTRATAR e rexístrate para xerar as túas credenciais de acceso, introducindo o NIF ao que queres asociar as consultas das túas notificacións.
Selecciona o plan de facturación que máis che interese en función do número de CIF para xestionar.
Descarga a aplicación dende a ligazón que che enviamos por correo electrónico.
Inclúe os valores engadidos que queiras segundo as túas necesidades en cada momento.

Información do produto

Descrición

Notificaciones Digitales é un servizo que permite rastrexar, identificar e xestionar dunha forma centralizada e dende unha única aplicación as novas informacións emitidas electronicamente polos distintos Organismos Públicos, para que poidas consultalas dunha forma rápida e sinxela. 

Desta forma redúcense os recursos e o tempo necesarios para rexistrarse en cada sede electrónica e baixar de forma individual os distintos arquivos, xa que permite a descarga masiva de documentos para altos volumes de notificacións.

As consultas requiren a configuración dun ou varios certificados electrónicos asociados a un CIF ou NIF na aplicación, que residirán dentro da rede dos teus servidores para garantir a túa seguridade:

• As notificacións descárganse e almacénanse de forma automática e segura. 

• As carpetas créanse automaticamente. 

• Dispón dun motor de busca e etiquetaxe.

• Permite unha rastrexabilidade do estado das notificacións recibidas.

Son moitos xa os Organismos integrados neste servizo, aínda que tamén se poden incorporar outros baixo petición:

• TXSS Tesouraría Xeral da Seguridade Social

• Plataforma 060. Todos os Organismos adscritos a este punto de emisión

• DEV (EEV - Enderezo Electrónico Viario) da Dirección Xeral de Tráfico (DXT)

• MINETUR Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo

• Deputación de Biscaia (Oficina virtual de Facenda e Finanzas)

• Deputación Foral de Guipúscoa

• Administración de Xustiza de Euskadi

• Generalitat de Catalunya (GENCAT-OVT)

Se queres solicitar un estudo personalizado para incluír outros Organismos Públicos adicionais escríbenos a soporte.digital@correos.com  indicándonos os nomes de cada Organismo.

Dende Correos analizamos a viabilidade de centralizar esas notificacións xunto ás do resto de Organismos Públicos que se encontran xa configurados dentro do servizo básico, por un custo adicional.

Para recibir as notificacións electrónicas dos distintos Organismos Públicos debes dispoñer dun certificado electrónico que estea dado de alta. En caso de non o ter, podes dirixirte a calquera oficina de Correos para realizar unha verificación do teu DNI e xerar un certificado electrónico no momento que poderás utilizar para consultar as notificacións electrónicas recibidas e pendentes de descargar.

O servizo é bidireccional, de modo que permite as comunicacións dixitais dende as empresas ás Administracións Públicas dentro da mesma ferramenta. Así poderás presentar escritos e documentos ás Administracións Públicas de forma telemática, tanto para responder ás notificacións electrónicas recibidas coma para presentar calquera tipo de documento a xeito de oficina de rexistro virtual. A presentación dos documentos ten plena validez oficial, xa que utiliza a aplicación REC - Rexistro Electrónico Centralizado do Ministerio.

Por outra parte, posibilita a creación e configuración de distintos usuarios con distintos roles para restrinxir os permisos de acceso e uso da aplicación, así como definir grupos de usuarios que compartan algunha característica co fin de facilitar a asignación de tarefas comúns:

• Ser os responsables de certas notificacións.

• Encargarse da recepción de certos grupos de notificacións.

Ademais, para asignar notificacións de forma masiva ou remitir os ficheiros por correo electrónico é posible asignar o labor de xestor a un usuario ou grupo de usuarios, de maneira que teñan permiso para visualizar e xestionar as notificacións sen necesidade de dispoñer dun certificado electrónico. 

Prezo

Este servizo ofrece os seguintes bonos de NIF (impostos non incluídos) para que escollas aquel que máis se axuste ás túas necesidades:

• Bono 1 NIF: 27€ ao ano.

• Bono 3 NIF: 78€ ao ano.

• Bono 6 NIF: 144€ ao ano.

Se queres solicitar outro tipo de bono con maior volume de NIF, escríbenos a soporte.digital@correos.com

Para Grandes Corporacións este servizo préstase mediante a sinatura dun contrato con Correos. Previamente presentaremos unha oferta personalizada en función dos volumes de notificacións xestionadas.

Consulta as nosas tarifas.