Servizos ORVE

Rexistro e envío instantáneo dos teus documentos ás Administracións Públicas do país.

Información do produto

Descrición

Este servizo permite ás empresas o rexistro e envío instantáneo de documentos dixitalizados ás administracións públicas do noso país.

Os documentos son remitidos á administración de destino en formato electrónico, unha vez foron escaneados e debidamente cotexados polos profesionais de Correos co fin de garantir a validez da dixitalización.

Para enviar un documento a través deste servizo, só tes que acudir a calquera oficina de Correos co orixinal que desexas rexistrar e remitir a unha Administración Pública.

Dende Correos encargámonos de transmitir a documentación presentada, limitándonos a deixar constancia da entrada dos documentos na aplicación de rexistro e remitíndoos á Unidade da Administración competente, a través do servizo.

Por iso as nosas oficinas non poden ser depositarias dos orixinais ou copias dos documentos presentados, por cuestións de seguridade e cumprimento da LOPD.

Prepara a túa documentación

Comprobando que o seu formato permite o escaneo:

  • Formato A4, ao descuberto e con bordos lisos. Lembra que non realizaremos fotocopias de documentos de tamaño maior do A4 nin de calquera outro elemento que poida poñer en risco a veracidade do documento orixinal.
  • Non se admitirán documentos electrónicos.
  • Nas oficinas de Correos non se manipulará ningún tipo de encadernación para deixar as follas soltas.
  • Non se dixitalizará ningún documento que, pola súa natureza ou estado, poida poñer en risco a súa integridade no momento da dixitalización (papel cebola, cartón, etc.).
  • Todo documento presentado será considerado como orixinal.
  • Dende Correos non nos responsabilizamos de dixitalizar un documento que estea exento por natureza xurídica ou calquera outra. 

Indica se desexas acompañar documentación física ao rexistro electrónico, así como outros elementos non escaneables como CD ou USB. Neste caso, ofrecémosche a posibilidade de remitir estes obxectos mediante o envío adxunto dunha Carta Certificada, á que se aplicarán as tarifas establecidas para ese produto.

Ademais, e como valor engadido ao servizo, incorporarase o código CD de Correos no apartado comentarios do anexo do ficheiro adxunto en "Servizo de Rexistro Virtual Electrónico coa Administración (ORVE)" para que a administración de destino poida trazar o estado do devandito certificado.

Dixitalizamos o documento, unha vez estea todo preparado, mediante os escáneres dispoñibles na oficina.

Revisamos o contido de todas as páxinas, garantindo a súa calidade, que sexan lexibles e que se correspondan cos orixinais presentados.

Realizamos a facturación a través da aplicación de admisión de Correos, utilizando os conceptos e tarifas definidos para tal efecto.

Accedemos ao Portal "Rexistro Electrónico para as Administracións Públicas” do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, onde rexistramos a documentación dixitalizada e completamos tanto os datos da túa empresa coma os do organismo destinatario.

Por iso deberás indicarnos o código DIR-3 da Unidade Tramitadora destinataria. En caso de que non o coñezas, dende Correos trataremos de facer a identificación exacta cos nosos motores de busca. Se non se atopase a denominación exacta, poderiamos remitilo igualmente á Unidade Superior de tramitación dentro da Administración con igual validez Xurídica.

Por último, o envío será asinado electronicamente por Correos, dando así garantía ao proceso de admisión do Rexistro, e emitímosche un resgardo oficial como certificación do rexistro realizado.