Podes enviar as túas cartas e paquetes a un enderezo diferente ao teu domicilio habitual.
Goza das túas vacacións e esquécete dos teus envíos, en Correos estarán como na casa.
Cambia de domicilio sen perder ningún dos teus envíos.
Para os teus envíos postais sen necesidade de domicilio.
Citypaq é a solución rápida e sinxela de Correos para recoller, enviar ou devolver os teus paquetes a través dos nosos armarios intelixentes. Podes atopalas preto do teu domicilio, o teu traballo ou en lugares de tránsito como supermercados, gasolineiras ou centros comerciais. As túas compras online onde e cando queiras.
Encontra a oficina que estás a buscar, seguro que hai unha cerca de ti. E consulta os enderezos, teléfonos e horarios do que estás a buscar. Nós sempre pensamos en ti.
O Aviso de Chegada é un documento informativo para o destinatario dun envío. O carteiro depositarao na caixa de correo se o destinatario non se encontra no domicilio no momento da entrega.
Na parte frontal do Aviso, en “Datos do envío” atópase o número de envío, cal é a súa orixe, quen é o remitente e a data na que se intentou realizar a entrega. O envío estará dispoñible na oficina a partir do seguinte día laborable.
En “Situación do envío” amósase se o envío se volverá enviar ou se se deberá recoller na oficina de Correos.
En “Modalidade” indícase o tipo de envío recibido: ordinario, urxente, con reembolso, etc.
En función do tipo de “Produto” (Carta, Paquete Azul, Telegrama...) tamén se especifica o tempo de permanencia do envío na oficina. Finalizado este prazo, o envío devolveráselle ao remitente.
Por outra parte, na parte traseira do Aviso, en “Oficina” indícanse os datos da sucursal na que se debe recoller o envío: enderezo, horario e teléfono de contacto.
E “Requisitos para a recollida en oficina” é o apartado que se debe completar para autorizar que unha persoa recolla o envío no caso de non o poder recoller persoalmente. Ademais do aviso, a persoa autorizada debe presentar o seu DNI e unha fotocopia do destinatario. Esta autorización será válida en todas as modalidades de entrega agás na de Entrega Exclusiva ao Destinatario.
Este SMS ou email substitúe ao Aviso de Chegada tradicional e significa que dende Correos intentamos a entrega dun envío no teu domicilio e non foi posible.
Deberás esperar a recibir unha segunda SMS onde se che especificaremos os datos para a súa recollida nunha oficina de Correos. Lembra que o envío non estará dispoñible na oficina ata o día seguinte da data da mensaxe.
Só te terás que achegar co teu DNI á oficina de Correos que che indiquemos e entregarémosche o teu envío. No caso no que non o poidas recoller persoalmente, deberás completar unha autorización indicando quen desexas que recolla o envío no teu nome. A persoa que autorices deberá presentar tanto o seu DNI coma unha fotocopia do teu.
Podes facer a autorización pola túa conta ou completar o modelo que poñemos á túa disposición.
Significa que o teu envío chegou a Correos e que será entregado no teu domicilio entre 24 e 72 horas máis tarde, segundo os prazos do produto.
Se non é posible realizar a entrega, e se o envío inclúe dous intentos,recibirás outra SMS na que se che informará sobre un segundo intento de entrega no teu domicilio nun prazo de 24 horas.
Se finalmente non fose posible realizar a entrega no teu domicilio, recibirás unha SMS cos datos da oficina de Correos na que o poderás recoller. Lembra que disporás dun prazo de 15 días e que estará dispoñible a partir do día seguinte á recepción da SMS.
Só te terás que achegar co teu DNI á oficina de Correos que che indiquemos e entregarémosche o teu envío. No caso no que non o poidas recoller persoalmente, deberás completar unha autorización indicando quen desexas que recolla o envío no teu nome. A persoa que autorices deberá presentar tanto o seu DNI coma unha fotocopia do teu.
Podes facer a autorización pola túa conta ou completar o modelo que poñemos á túa disposición.
Significa que o teu envío chegou a Correos e que estará á túa disposición en 24 e 48 horas na oficina seleccionada, segundo os prazos do produto.
Cando o teu envío chegue á oficina de Correos recibirás unha segunda SMS cunha ligazón ao noso buscador, onde poderás consultar o seu horario e situación.
Se non puideches recoller o teu envío, enviarémosche un recordatorio cando queden 10 e 5 días de prazo con todos os datos necesarios para poder retiralo.