Correos Modify

Modifica doadamente a entrega do teu envío. Enviámosche unha SMS ou email coa información do teu envío para comunicarche a data da entrega e unha ligazón dende a que podes xestionar os cambios que o ecommerce che permita. Tamén o podes modificar dende a App de Correos.

Con este servizo podes modificar doadamente a entrega do teu envío para axustala ás túas necesidades en tempo real. As modificacións que podes realizar son:

  • Modificar Enderezo de Entrega: sempre que o novo enderezo estea dentro da mesma provincia.
  • Modificar o tipo de Entrega a Entregar en Oficina: por defecto sairán as oficinas que están no Código Postal da entrega do envío, aínda que se pode elixir calquera Código Postal que se atope dentro da mesma provincia.
    O envío estará dispoñible na oficina durante 15 días, ou o que o remitente parametrizase no pre-rexistro.
  • Modificar o tipo de Entrega a Entregar nun CityPaq: por defecto sairán os CityPaq públicos que están no Código Postal da entrega do envío, aínda que se pode elixir calquera Código Postal que se encontre dentro da mesma provincia.
    Para elixir un CityPaq privado só terás que introducir o seu código.

O servizo Modify está dispoñible para todos os envíos de paquetería nacional con entrega domiciliaria.

Enviámosche unha SMS ou email coa información do teu envío para comunicarche a data da entrega e unha ligazón dende a que podes xestionar os cambios que o ecommerce che permita. Tamén o podes modificar dende a App de Correos.

Sempre que solicites unha modificación ou reexpedición, o noso Sistema de Xestión Integral de Envíos pedirá que se etiquete de novo o envío, de maneira que todas as modificacións queden reflectidas na etiqueta. 

Unha vez que o envío estea en repartición non se poden realizar cambios. 

Como usar Correos Modify, paso a paso