Caixa do correo de vacacións

Goza das túas vacacións e esquécete dos teus envíos, en Correos estarán como na casa.

Dende

12,75 €

QUÉROO
Caixa do correo de vacacións Dende 12,75 € QUÉROO

Como contratalo online

Completa o formulario de subscrición online ou ven a calquera das nosas oficinas e complétao alí contratando a Caixa de correo de vacacións.
Achega o DNI de cada un dos titulares e autorizados a utilizar o servizo.
Realiza o pagamento. E non esquezas engadir o código BUZONDEVACACIONES para non pagar gastos de envío!

Información do produto

Descrición

Fai esa viaxe que tanto desexas e desconecta de todo. Coa nosa Caixa de correo de vacacións poderás gozar duns días libres sen te preocupar por nada, xa que dende Correos nos encargamos de gardar todos os teus envíos ata que volvas:

  • Para ti e os teus: inclúe na mesma Caixa de correo de vacacións ata seis titulares distintos que residan no mesmo domicilio, sen custo adicional por persoa. 
  • Pola túa tranquilidade: gardamos tanto os teus envíos ordinarios coma os avisos de chegada dos certificados. Ademais, co servizo gratuíto de avisos por SMS, avisarémoste de que tes un envío rexistrado na túa caixa de correo para que poidas recollelo dentro do prazo. 
  • Axustado ás túas necesidades: este servizo pode contratarse en calquera das nosas oficinas e online, dende 1 a 14 semanas.
  • Adaptado a ti: ti decidses cando comeza o servizo. Iso si, precisamos que sexa polo menos 72 horas despois da contratación para xestionar a activación correctamente.
  • Máis práctico: pódense facer retiradas ocasionais dos envíos mentres o servizo está dispoñible.
  • Máxima comodidade: ao finalizar o servizo, elixe se che levamos os teus envíos á casa ou se prefires recollelos na oficina de Correos na que estea a túa Caixa de Correo. 

Garantías

Con todas as garantías que ofrecemos dende Correos, aseguramos a máxima confidencialidade e seguridade dos envíos depositados na Caixa de correo.

Prezos

Consulta o prezo da túa Caixa de correo de vacacións e non esperes máis para gozalas.