Cambia de domicilio sen perder ningún dos teus envíos.
Dende
44,61 €
Co noso servizo de Reenvío postal levamos os teus paquetes e cartas á túa nova casa para que sigas recibindo a túa correspondencia coma se non te tiveses mudado.
Iso si, lembra que os seguintes envíos non se poden reenviar:
Xiro postal e produtos telegráficos.
Certificados e Paquetería con Notificación de Recibo, no caso de que estean fóra do ámbito nacional.
Envíos dirixidos a un franqueo en destino.
Ademais, os envíos urxentes reenviados pola contratación deste servizo perden o carácter de urxencia, polo que non terán que cumprir as condicións de prazo de entrega.
Para contratar este servizo debes engadilo ao carriño da nosa Tienda Online, achegar un formulario de solicitude xunto co teu DNI, e realizar o pagamento.