Importación en Canarias

En Correos encargámonos dos teus trámites aduaneiros.

Calquera envío que se importe en Canarias está suxeito a trámites aduaneiros de importación con independencia da súa orixe, do valor ou natureza do seu contido, ou da condición do destinatario ou do remitente.

Os procedementos de importación poden diferir segundo a procedencia, (UE / non UE), valor e tipo da mercadoría: 

 

Importación por H1 / DUA con algunha das seguintes circunstancias:

  • Valor do contido do envío superior a 150 €
  • Mercadoría suxeita a Impostos Especiais ou AIEM
  • Mercadoría suxeita a controis paraduaneiros (sanidade, farmacia, SOIVRE, fito, etc.)
  • Envío que contén perfumes ou colonias con independencia do seu valor 

O destinatario deberá de pagar ademais das tarifas de Correos polas distintas xestións aduaneiras os seguintes tributos sempre e cando procedan:

  • Aranceis á importación
  • IGIC
  • AIEM
  • Impostos Especiais

 

O pagamento destas cantidades realizarase antes da entrega do envío, e poderá realizalo o destinatario en calquera oficina de Correos ou mediante transferencia bancaria.

 

Importación de “envío de escaso valor” / H7 con algunha das seguintes circunstancias:

  • Valor da mercadoría inferior ou igual a 150 €
  • Mercadoría non suxeita a Impostos Especiais ou AIEM
  • Mercadoría non suxeita a controis paraduaneiros (sanidade, farmacia, SOIVRE, fito, etc.)
  • Envíos que non conteñan perfumes ou colonias con independencia do seu valor