Tramítase por Procedemento Ordinario a importación de calquera envío valorado por enriba de 150€ ou que conteña mercadoría de valor inferior a esta cantidade, pero estea suxeita a impostos especiais (alcohol ou tabaco) ou controis fronteirizos de seguridade (sanidade ou farmacia), así como aqueles envíos cuxo valor sexa superior a 22€ e o importador ou destinatario sexa unha empresa.
Nestes casos, o envío pode estar suxeito ao pagamento de arancel, do IVE correspondente e dos Impostos Especiais que se requiran.
Se contratas os servizos de Correos para realizar a tramitación aduaneira deberás aboar a tarifa correspondente pola tramitación do DUA Ordinario, custodia e presentación do envío á Alfándega, ademais da tarifa correspondente aos trámites de seguridade fronteiriza que haxa que realizar cando a Alfándega así o requira (sanidade, farmacia ou CITES).
Non obstante, enviarémosche previamente o presuposto con todos os gastos que deberás aboar.
Podes designar a Correos como o teu representante ante a Alfándega para despachar o envío e recibilo no domicilio comodamente sen necesidade de desprazamentos. Recibirás unha comunicación denominada “Alfándega Aviso de chegada” onde se te informará de tres alternativas posibles para despachar o teu envío ante a Alfándega:
A través de Correos, achegando a documentación por Internet ou enviándoa por carta:
Para a xestión de importación, débese escanear e subir ao web:
Debes enviar a documentación ao enderezo: ADT CORREOS BARAJAS. C/Alfa s/n. Centro de Carga Aérea Aeropuerto Barajas (28042, Madrid).
En canto a recibamos enviarémoste un presuposto por correo electrónico que deberás aboar mediante ingreso bancario na conta de Correos, indicando no concepto o número de presuposto que aparece no documento.
Ademais, detállanse todos os importes que hai que pagar para proceder á importación do envío ante a Alfándega:
Dende Correos comprobaremos que o pagamento do presuposto foi realizado correctamente e procederemos ao despacho do envío ante a Alfándega.
Por último, realizaremos a entrega no enderezo que nos indicases para que non teñas que desprazarte a recollelo, e uns días despois recibirás por carta toda a documentación correspondente aos servizos prestados e contratados con Correos:
Recorda que en todo momento poderás facer seguimento do estado do teu envío a través do noso localizador.
A través da web:
Se es persoa física e dispós de sinatura electrónica podes realizar a importación a través dun formulario, só terás que achegarnos o documento de levante da Axencia Tributaria (AEAT) a través da web que che facilitará a Alfándega unha vez cumpras todos os trámites e aboes os importes.
Ademais, no momento da entrega deberás aboar os gastos de xestión e manipulación: 5,88€ IVE incluído.
A través doutro axente de Alfándegas:
Deberá achegar o documento de levante da AEAT a través da web ademais de aboar a Correos os gastos correspondentes por cesión de documentos e custodia e tratamento dos envíos.
A Alfándega ten potestade para inspeccionar ou reter os envíos con mercadorías e para aplicar os controis que considere necesarios sempre que o crea oportuno.