Portal de Correos - Ferramentas e aplicacións

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Biblioteca de Correos e Telégrafos

Podes consultar o catálogo completo da Biblioteca de Correos e Telégrafos.

Biblioteca de Correos y Telégrafos

A Biblioteca de Correos e Telégrafos sitúase na planta baixa do Museo Postal e Telegráfico. Foi creada no ano 1876 co fin de reunir as publicacións relacionadas coas materias específicas da propia organización e poñelas ao servizo dos seus empregados.
O centro conta con 9.116 rexistros  que forman a parte especializada en Correos, Telégrafos e Filatelia, e 84 títulos en 133 volumes  que forman o fondo antigo anterior a 1802 e que está dispoñible para a súa consulta. Así mesmo, conta con 145 cabeceiras de publicacións periódicas (revistas) en 1.141 volumes.
Entre todos estes títulos, o lugar de honor ocúpao o Legado do Doutor Thebussem, pseudónimo utilizado por Mariano Pardo de Figueroa, primeiro carteiro honorario da historia do correo. Este legado, titulado Papeles Varios-Correos, está formado por 726 documentos relacionados co correo e a filatelia, todos eles de grande interese e curiosidade.
Hoxe en día, todo o traballo de catalogación que se realizou ao longo dos anos sae á luz a través dun catálogo online (OPAC), que usa o xestor de bibliotecas SABINI,  o que facilita a consulta do noso fondo tan especial e especializado.
A partir de agora, todo aquel que desexe consultar o catálogo da nosa Biblioteca poderá facelo dende calquera parte do mundo, tamén dende a nosa propia Biblioteca, que xa conta cun punto wifi para que todos os usuarios que o desexen poidan conectar os seus dispositivos á rede e facilitar así o seu traballo e investigacións.
Progresivamente, o catálogo irá incorporando algún dos seus títulos en PDF para a súa consulta online, o primeiro deles é a recente obra editada por Correos con motivo do seu 300 Aniversario: XXI siglos de la comunicación en España. Historia de Correos e Telégrafos.