Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PERSONAJES 2013

  • Data de emisión: 04/07/2013
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm (horizontal) y 28,8 x 40,9 mm (vertical)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,90 €
  • Tiraxe: 300.000 de cada motivo

Tres figuras do mundo eclesiástico pasan a formar parte da serie Personaxes

10720131

Frei Rosendo Salvado y Rotea (Tui, Pontevedra, 1814-Roma, Italia, 1900) foi monxe beneditino, misioneiro e primeiro abade da diocese de Nova Nursia, en Australia Occidental. Aos 15 anos ingresou na orde de San Bento, onde estudou humanidades e música. En 1835, coa desamortización de Mendizábal, foi exclaustrado e trasladouse ao mosteiro de Cava, cerca de Nápoles (Italia), onde foi ordenado sacerdote en 1839. Atraído polas misións, partiu co monxe José Benito Serra cara a Australia, onde fundaron Nova Nursia. Toda a súa vida a dedicou á protección e evanxelización dos indíxenas, aos que axudou na construción de camiños, pozos e escolas infantís. Volveu varias veces a Europa para conseguir medios económicos e humanos. Faleceu na súa última viaxe na igrexa de San Pablo Extramuros de Roma e os seus restos foron trasladados á abadía de Nova Nursia.

10720132

San José de Cupertino ou Copertino (1603-1663) foi un frade italiano do que se celebra o 350 aniversario da súa morte. Ingresou no Convento dos Franciscanos de La Grosella, cerca de Copertino, onde foi ordenado relixioso en 1625. Durante 10 anos exerceu de sacerdote nesta última localidade. En 1753 foi beatificado por Benedicto XIV e en 1767 foi canonizado por Clemente XIII.

No selo reprodúcese o santo elevado polos anxos que figura na bóveda da entrada á Basílica de Santa María das Neves, en Copertino (Italia).

10720133

San Telmo é o nome co que se coñece popularmente a Pedro González Telmo, nacido en Frómista (Palencia) cara a 1190 e morto en Tui (Pontevedra) en 1246. Estudou na Universidade de Palencia ao lado do seu tío, bispo da cidade. Ingresou no convento dos Dominicos onde destacou pola súa cultura e locuacidade. Foi confesor do rei Fernando III o Santo e capelán militar. Abandonou a corte para predicar en Galicia e norte de Portugal, onde ocupou o priorado de Guimarães.Xa maior, retirouse á diocese de Tui-Vigo, lugar no que faleceu cando se dirixía en peregrinación a Santiago. En 1741 foi declarado santo polo papa Benedicto XIV. No selo reprodúcese a imaxe de san Telmo e a portada gótica da Catedral de Tui, de onde é patrón.

Compárteo nas túas redes