Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PERSONAJES 2013. Emilio Aragón. Miliki.

  • Data de emisión: 13/06/2013
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. ( vertical)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,37 €
  • Tiraxe: 300.000
  • Dentado: 13 3/4

O popular pallaso Miliki, un dos máis queridos por varias xeracións de nenos, agrégase á serie Personaxes coa que se recordan a aqueles que forman parte do noso acervo histórico e cultural.

40620131

Corría 1973 cando Los payasos de la tele fixeron por primeira vez a súa aparición na pequena pantalla co saúdo: “¿Cómo están ustedes?”. Era o principio do espectáculo infantil que continuaba con historietas e cancións. Durante unha década serviulles de entretemento aos máis pequenos da casa. Os protagonistas da historia eran os irmáns Aragón: Gaby, Fofó e Miliki, aos que se uniron, anos máis tarde, os seus descendentes Fofito e Milikito.

O menor dos irmáns e protagonista do selo, Miliki, chamábase Emilio Aragón Bermúdez (Carmona, Sevilla, 1929-Madrid, 2012). O seu pai e os seus tíos foran os famosos pallasos Emig, Pompoff e Thedy, dos que aprendeu a graza do circo e o amor polo espectáculo.

Miliki e os seus irmáns Gaby e Fofó empezaron a actuar no circo coa súa irmá Rocío a bailaora. En 1939 incorporáronse ao Circo Price e en 1945 emigraron a Cuba, onde alcanzaron un grande éxito nun programa de televisión. Durante máis de 25 anos permaneceron en América: Porto Rico, México, Venezuela, Estado Unidos e Arxentina foron algúns dos lugares nos que o público os aclamou.

Ao regresar a España comezaron a súa andaina, en 1973, en TVE coa estrea de El gran circo de TVE, que un ano máis tarde pasou a chamarse Los payasos. O espectáculo contou, tamén, con Fofito e Milikito. As grazas dos pallasos acompañábanse con cancións que alcanzaron gran popularidade como: Susanita tiene un ratón e Hola Don Pepito.

Ademais de cómico, Miliki tocaba a frauta e estudou música e composición. Tras a separación de Los payasos lanzouse á produción discográfica e coa súa filla Rita gravou varios discos. Foi autor de libros, publicou as súas memorias e obtivo varios premios musicais. En 2008 e 2009 gravou os discos titulados: A mis niños de 40 años e A todos mis niños, en recordo daqueles que durante anos foron fieis á súa simpatía e bo humor.

Compárteo nas túas redes