Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PUENTES DE ESPAÑA. Puente del Dragón. Puente Ingeniero Fdez. Casado

  • Data de emisión: 25/09/2013
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 74,64 x 28,8 mm (Puente del Dragón) y 40,9 x 57,6 mm (Puente ingeniero Carlos Fernández Casado)
  • Efectos en prego: 40 (Puente del Dragón) y 16 (Puente ingeniero Carlos Fernández Casado)
  • Valor postal dos selos: 1 € (Puente del Dragón) y 2 € (Puente ingeniero Carlos Fernández Casado)
  • Tiraxe: 280.000 de cada motivo

10920131

A Ponte do Dragón atravesa o río Guadaíra na localidade de Alcalá de Guadaíra (Sevilla). Foi construída polos enxeñeiros de Camiños José Luis Manzanares e Íñigo Barahona e inaugurada o 28 de marzo de 2007. Ten unha lonxitude de 123 metros distribuídos en catro vans: 43 metros os centrais e 18,5 metros os laterais. Foi unha das primeiras pontes figurativas do mundo e a primeira de España e emula un dragón que sae do cerro do Castelo cruzando a nado o río. Inspírase na arquitectura de Antoni Gaudí e no parque Güell de Barcelona. A ponte realizouse en formigón armado e pretensado recuberto de "trencadís", anacos de cerámica e azulexos tradicionais, e forma parte da circunvalación de Alcalá de Guadaíra.

O selo do Ponte do Dragon basea-se unha fotografía de D. Leonardo Barahona

10920132

A Ponte Enxeñeiro Carlos Fernández Casado -recibe o nome do enxeñeiro construtor- elévase sobre o encoro de Barrios de Luna, na provincia de León. Foi construída entre 1981 e 1983 como parte da AP-66 ou Autopista Ruta da Prata. Pertence ao tipo de ponte de tirantes, cunha lonxitude de 643 metros e un ancho de 22 metros, para catro carrís de vehículos, sendo no seu momento a ponte de tirantes máis longa do mundo. Conta con dúas torres de máis de 100 metros de altura, que se abren na parte inferior, con 27 pares de tirantes dianteiros e 28 pares de tirantes traseiros cada torre. A ponte divídese en tres vans, sendo o central de 440 metros e os dous laterais de 66 metros. No van central estableceuse unha articulación esvaradía para absorber os movementos de dilatación.

Carlos Fernández Casado (Logroño, 1905- Madrid, 1988) foi un dos enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos máis prestixiosos e innovadores da profesión. Desde o principio da súa carreira especializouse en estruturas resistentes de pontes, investigando novos materiais no seu propio laboratorio. Catedrático de Pontes, examinou arquivos e bibliotecas e percorreu os camiños de España para ordenar e clasificar pontes, calzadas romanas, acuedutos e demais obras de enxeñería civil ata fundamentar unha historia da enxeñería.
 

Compárteo nas túas redes