Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FAUNA MARINA EN PELIGRO DE EXTINCIÓN

  • Data de emisión: 03/06/2013
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm (horizontales)
  • Tamaño da folla bloque: 105,6 x 79,2 mm (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 0,37 €
  • Tiraxe: 260.000
  • Dentado: 13 3/4

Catro especies mariñas en perigo de extinción, como son a Balea vasca, o Atún colorado, a Foca mediterránea e a Lamprea mariña, forman esta folla bloque que reproduce as especies indicadas sobre un fermoso fondo mariño.

10620131

A Balea Vasca vive en augas pouco profundas próximas ás costas situadas en baías e penínsulas. Encóntranse regularmente no Atlántico Occidental e ocasionalmente en augas do Atlántico Oriental. Miden entre 14 e 18 metros e o peso oscila entre 36 e 72 toneladas. A súa cabeza, na que crecen calosidades de cor clara que varían de tamaño e grosor, supón un tezo da súa lonxitude. Teñen mandíbula recurvada e da boca colgan barbas polas que pasa o plancto para a súa alimentación. No verán desprázanse cara ás augas frías do Atlántico Norte e no inverno as femias preñadas emigran cara a augas subtropicais para parir. Protexida desde 1935.

O Atún colorado, é orixinario de ambas as beiras do Atlántico e do mar Mediterráneo. Pode chegar a medir máis de 3 metros e superar os 400 quilos de peso. Ao longo da historia foi sempre moi apreciado como alimento para os humanos, polo que o exceso de captura e as malas prácticas o levaron ao bordo da extinción. Desde o ano 2006 existe un plan de recuperación que propón pechar a pesca en época de reprodución (maio, xuño e xullo).

A Foca mediterránea vive en augas do Mediterráneo e encóntrase en estado crítico de extinción. En España, a principios do século XX, foron expulsadas do litoral máis chairo para relegalas ás zonas máis escarpadas e ao bordo dos acantilados. Son de pelaxe gris escura e o ventre máis claro. Miden entre 80 centímetros e 2.40 metros, chegando a pesar ata 320 quilos. Aliméntanse de peces, moluscos e polbos. A madurez reprodutiva alcánzana aos catro anos e viven ata os 20. As crías nacen no outono e entran na auga ás dúas semanas do nacemento. Foron obxecto de caza para a obtención de coiro, graxa e carne. Sábese dalgún exemplar nas illas Chafarinas.

A Lamprea mariña é un pez serpentiforme, de esqueleto cartilaxinoso e boca sen mandíbula e con forma de ventosa para fixarse ás presas das que se alimenta. É unha especie anádroma, é dicir que viven no mar e reprodúcense no río, polo que ten dúas fases de ciclo vital. Nace no río, onde permanece en estado larval durante 5 ou 6 anos, e ao converterse en adulto migra ao mar, onde vivirá outros 3 anos ata alcanzar a madurez sexual e retornar ao río para desovar.

Compárteo nas túas redes