Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CENTENARIO REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

  • Data de emisión: 14/10/2009
  • Procedemento de Impresión: Calcografía y Offset
  • Papel: Estucado, engomado, mate, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 50
  • Efectos en Talonario: 50
  • Talonarios: 320.000 de cada motivo
  • Valor postal dos selos: 0,32 €
  • Tiraxe: 320.000 de cada motivo
  • Dentado: 13 3/4

Conmemórase o Centenario da Real Federación Española de Fútbol coa emisión dun selo que recorda o longo historial deste organismo encargado de xestionar o deporte futbolístico en España.

CENTENARIO REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) fundouse en 1909 baixo o nome de Federación Española de Clubs de Footbol. Os primeiros anos da sociedade correron en paralelo coa creación doutras federacións, ata que en 1913, e por solicitude do rei Afonso XIII, se acordou a unificación destas na reunión que tivo lugar o 30 de xullo de 1913 en Donostia. A nova entidade nacía definitivamente co nome de Real Federación Española de Fútbol. Entre os temas tratados na asemblea constitutiva figuran as bases para rexer o Campionato de España e a institucionalización dos campionatos organizados polas federacións rexionais como fase previa á Copa do Rei. En 1914, a RFEF ingresou no organismo internacional da FIFA e en 1920 aprobou a creación dunha selección española para poder participar nos Xogos Olímpicos de Amberes (Bélxica) que tiveron lugar ese mesmo ano.

Segundo os seus estatutos, a RFEF é unha entidade privada, de utilidade pública e sen fin de lucro á que corresponde “o goberno, administración, xestión, organización e regulamentación do fútbol en todas as súas especialidades”. Entre as súas numerosas competencias figuran a de exercer a potestade de ordenanza; controlar as competicións oficiais de ámbito estatal; representar as organizacións internacionais da FIFA e UEFA en España, así como representar a España nas competicións internacionais; seleccionar os futbolistas que integran os equipos nacionais, e fomentar, titular e cualificar aos árbitros e adestradores. Baixo a coordinación e a tutela do Consello Superior de Deportes, encárgase de cualificar e organizar as actividades e competicións oficiais de ámbito estatal, colabora na formación de técnicos deportivos e na prevención e control do uso de sustancias prohibidas, entre outros puntos.

O selo representa a figura dun xogador cun balón de fútbol e o logotipo do evento que se conmemora.

Compárteo nas túas redes