Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

BAILES Y DANZAS POPULARES

  • Data de emisión: 15/10/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 49,8 x 33,2 mm. (horizontal) Sellos hoja bloque: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 20 sellos + 20 viñetas
  • Tamaño do talonario: 105, 6 x 79,2 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 0,43 €
  • Tiraxe: Sellos: 335.000 de cada hoja. Hoja bloque: 305.000
  • Temática: BAILES
  • Dentado: 13 3/4
  • Tiraxe bloque: 305.000
  • Data de edición: 15/10/2009

A serie Bailes e Danzas Populares, posta en circulación ao longo de 2009 para mostrar o rico folclore do noso país, inclúe os selos dedicados á Sardana e á Jota

Sardana

A Sardana é o baile máis representativo de Cataluña. A orixe da danza parece encontrarse na Grecia clásica e no culto que as civilizacións antigas lle rendían ao Sol seguindo un movemento circular. Báilase ao aire libre en grupos nos que os participantes se collen da man alternando a figura home-muller. A coreografía é de gran precisión, con pasos longos e curtos que obrigan aos bailadores a contar continuamente os compases da música para facelos coincidir cos pasos de baile e poder rematar ao mesmo tempo. Existen dúas formas básicas de interpretar a Sardana: o empurdanés, propio do Ampurdán, e o selvatá, da comarca da Selva (Xirona), que se diferencian na dirección do xiro dos danzantes. A Sardana antiga, chamada curta,(curta) componse de oito compases curtos e dezaseis longos, sendo os curtos apenas con movemento e os longos máis axitados e vivaces. A Sardana que se baila na actualidade é a llarga (longa), ideada por José (Pep) Ventura e distínguese da anterior pola duración. O baile acompáñase por un grupo instrumental, chamado cobla, formado pola caramela e o tamboril, a cargo dunha mesma persoa, dous tiples, dúas tenoras, dous cornetíns, dous fiscornos e un contrabaixo. O éxito social desta danza radica en que é aberta e pode participar todo o que o desexe.

Jota

A Jota é o baile máis popular de todo o folclore español, estendese de norte a sur pola xeografía nacional. Báilase por parellas situadas de fronte que van intercambiando posicións a través de pasos moi precisos. O punteado dos pés esixe gran destreza e axilidade, o que dá lugar a saltos de gran beleza. A estrutura clásica consiste nun retrouso musical ao que segue unha copla cantada de catro versos que fan referencias a temas variados, como roldas amorosas, eloxios ou dedicatorias á virxe do Pilar. Bailada en Navarra, Castela, A Rioxa e Galicia, entre outros moitos puntos, a máis popular é a jota aragonesa que alcanzou o seu maior auxe no século XIX. Consta de tres partes diferenciadas: o inicio, que comeza co peiteado da bandurra e a colocación da parella en espera de que comece a primeira copla que dá inicio ao baile; a parte media, na que se produce o baile propiamente dito e na que os bailadores se acompañan de castañolas ou palillos e o final, onde adquire maior viveza e rapidez.

Compárteo nas túas redes