Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PUENTES DE ESPAÑA 2013.-Puente Romano de Mérida. Badajoz

  • Data de emisión: 25/09/2013
  • Procedemento de Impresión: Calcografía + Offset
  • Papel: Estucado, engomado, mate, fosforescente
  • Tamaño do selo: 57,6 x 40,9 mm (Horizontal)
  • Tamaño da folla bloque: 150 x 104,5 mm (horizontal)
  • Efectos en prego: 1 (Hoja bloque)
  • Valor postal dos selos: 3,10 €
  • Tiraxe: 260.000 sellos
  • Dentado: 13 ¼ horizontal y 13 ¾ vertical

40920131

            A serie Pontes de España continúa coa emisión de dúas follas bloques dedicadas á Ponte Romana, en Mérida (Badaxoz), e Ponte do Pilar, en Zaragoza.

            A Ponte Romana da cidade de Mérida levántase sobre o río Guadiana formando parte do conxunto arqueolóxico da antiga Emérita Augusta, como se chamaba a cidade en época antiga. Construíuse no século I para facilitar as comunicacións coa Bética e o acceso á cidade, tras o asentamento das lexións romanas na localidade. Ten unha lonxitude de 792 metros, con 60 arcos de medio punto, e é considerada a ponte máis longa da antigüidade. Está construída cun núcleo de formigón, realizado con materiais do río, revestido con perpiaños de granito almofadados. Na súa orixe dividíase en tres tramos diferenciados. O lugar elixido para levantar a ponte fíxose tendo en conta o menor caudal nesa parte do río e que a canle se dividía en dous brazos cunha illa intermedia, que serviu para o apoio da ponte. Ao longo de dous mil anos de historia e de sufrir inundacións e crecidas do río, realizáronse diversas restauracións, pero a ponte conserva aínda a súa primitiva construción no tramo máis próximo á cidade, chamado do Humilladero.   

            Na folla bloque reprodúcese unha vista xeral da Ponte Romana cos seus numerosos arcos de medio punto.

Compárteo nas túas redes