Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

VALORES CÍVICOS ESCOLARES 2013

  • Data de emisión: 18/09/2013
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm (H) y 28,8 x 40,9 mm (V)
  • Tamaño da folla bloque: 115 x 144 mm (vertical)
  • Valor postal dos selos: 0,37 €
  • Tiraxe: 280.000 Hojas bloque
  • Dentado: 13 ¾

60920131

            Impartir entre os nenos e rapaces escolares os Valores Cívicos que deben rexer na sociedade é unha das grandes actuacións nas que todos tomamos parte. Desde a educación na escola, os pais, a familia e a sociedade no seu conxunto, a transmisión dos valores cívicos entre os máis novos é esencial para conseguir unha convivencia libre, respectuosa e democrática. Nesta folla bloque, de catro selos, destácanse valores como: o compañeirismo, o respecto, os deportes e a seguridade viaria. 

            O compañeirismo é un vínculo que se establece entre persoas que fan cousas xuntas e é un dos valores necesarios para o desenvolvemento persoal. Está presenta nas nosas vidas desde a infancia, xa sexa no colexio, a universidade, os deportes ou a vida laboral. O compañeirismo implica respecto e confianza nos integrantes do grupo, pois non hai que esquecer que un compañeiro é a persoa coa que se comparten vivencias, situacións e sentimentos en determinados momentos.

O respecto é un dos valores fundamentais para a convivencia entre os homes. Supón a aceptación e a consideración das persoas ou cousas que nos rodean e abarca todos os aspectos da vida. Como o respecto ás ideas, á liberdade de expresión, ás relixións, á cor da pel, a idade, as leis e as normas sociais, sen esquecernos do respecto á natureza, os animais e o ambiente.

Outro dos valores cívicos que se debe potenciar desde unha idade temperá que inflúe no desenvolvemento da persoa é o deporte. O deporte supón esforzo, superación, autodisciplina, traballo en equipo, regras de xogo… É dicir, toda unha serie de calidades que engrandece á persoa. A educación desde o deporte comporta o respecto e a tolerancia e supón unha forma de integración no grupo. Xa sexa con fins competitivos ou de divertimento, na práctica deportiva desenvólvense valores que contribúen ao desenvolvemento físico e intelectual.

A seguridade viaria supón educar os escolares no coñecemento das normas máis básicas de tráfico. Respectar os semáforos, mirar a ambos os lados da rúa antes de cruzar, levar casco cando se monta en bicicleta ou non invadir as calzadas son regras que deben coñecer. Os nenos aprenden do que fan os adultos e as súas formas correctas de actuar nas vías públicas son o mellor exemplo.

Compárteo nas túas redes