Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Micología

  • Data de emisión: 08/10/2013
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm
  • Valor postal dos selos: 0,37 €
  • Tiraxe: 300,000

 
 
 

Micología

 
MICOLOXÍA
 
 
 
A emisión dedicada á micoloxía o ano 2013 está integrada por tres setas de características morfolóxicas e gastronómicas moi distintas:
AGARICUS XANTODERMUS, MARASMIUS OREADES E AMANITA PANTHERINA.
AGARICUS XANTODERMUS.- O seu sombreiro pode medir entre 6-12 cm de diámetro; ao principio ten forma de tronco de cono e vai abríndose ata facerse case plano; é de cor branca con tonalidades agrisadas ás veces; ao fretalo adquire cor amarela. As láminas evolucionan do rosa pálido ao marrón.
O pé pode medir de 5-12 cm, é branco e ten un anel membranoso. Crece en outono en prados formando círculos e fileiras.
É unha seta tóxica que se pode confundir cos champiñóns comestibles dos que pode diferenciarse pola cor amarela que adquire ao fretarse e polo seu olor desagradable. A súa inxestión produce trastornos gastrointestinais.
MARASMIUS OREADES.- É unha seta comunmente coñecida co nome de sendeiriña . O seu sombreiro mide entre 2-6 cm de diámetro, ao principio semiesférico e máis tarde plano, de cor crema-ocre e cunha tetiña no centro. As láminas son grosas e espazosas. O pé é longo, de igual cor, delgado e correúdo, difícil de romper e pode medir ata 10 cm. Crece en outono e primavera en prados formando círculos e fileiras con abundantes exemplares. É comestible de boa calidade. Pode confundirse con outra seta similar: marasmins collinus, que é tóxica e da que se diferencia, porque esta ten o pé quebradizo e as láminas máis apertadas.
AMANITA PANTHERINA.- Coñéceselle tamén como AMANITA PANTERA. É unha seta esvelta e fermosa, pero velenosa.
O seu sombreiro ao principio é convexo e vai evolucionando cara á forma plana: pode medir ata 10-12 cm de diámetro, é de cor entre o ocre e o marrón e está cuberto de restos da volva que a cubría antes de crecer en forma de copos de neve de cor branca.
As láminas están apertadas e teñen cor branca. O pé é esvelto de cor branca tamén e pode chegar a medir ata 15 cm cun anel na parte inferior; na súa base o pé está envolto nunha volva redonda. Nace no verán e no outono en bosques de carballos e faiais, aínda que tamén ás veces aparece en bosques de coníferas.
A súa inxestión produce intoxicacións graves. Pode confundirse con outras amanitas como a MUSCARIA, a RUBESCENS ou a SPISSA.
 

Compárteo nas túas redes