Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Gastronomía. Productos de Innovación y Tradicionales

  • Data de emisión: 24/04/2014
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 40.9 x 28.8 mm
  • Tamaño da folla bloque: 133 x 99 mm
  • Valor postal dos selos: 3.15 € cada sello
  • Tiraxe: 300.000
  • Temática: Gastronomía. Productos

Gastonomía. Productos

                                                    

GASTRONOMÍA ESPAÑOLA
 

            ¿Cal é o olor e o sabor dun selo? A resposta parece percibirse nesta emisión dedicada á Gastronomía Española na que, por vez primeira na filatelia española, incorpórase no engomado sensacións de aroma e sabor dos alimentos.

            A emisión consta de dúas follas bloque, con dous selos cada unha delas, dedicadas, respectivamente, á Cociña tradicional e de innovación e aos Produtos de innovación e tradicionais. A primeira ilustra unha frase e unha imaxe de Ferran Adrià, considerado o mellor cociñeiro do mundo, e dous pratos da tradicional sopa chamada “ajoblanco”,  un de elaboración tradicional e outro realizado por este restaurador, mentres que na folla bloque dedicada aos Produtos de innovación e tradicionais establece un contraste entre un tradicional prato de xamón ibérico e unha innovadora flor de mandarina. Ámbalas dúas emisións espertan a sensación do gusto e do olfacto nos pratos presentados.

Durante séculos a cociña francesa ocupou o lugar predominante na gastronomía mundial, até que a mediados de 1990 xurdiu en España unha nova cociña que, pouco a pouco, chegou a ser recoñecida como unha das mellores do mundo. Unha cociña distinguida polas súas propias raíces e que se caracteriza, segundo un  dos cociñeiros máis prestixiosos do país, en saber mesturar produtos e creatividade, resultando nunha cociña de autor que revaloriza e innova nos pratos tradicionais.

No ano 2003, o xornal estadounidense The New York Times enxalzaba en primeira páxina a nova cociña española, impulsándoa ao primeiro posto do ranking mundial.

Un dos nosos puntos fortes culinarios débese á variedade de produtos que se atopan no país, como as numerosas hortalizas, froitas, carnes e pescados das distintas augas e costas. A todo isto sumamos unha cociña tradicional rica e variada engrandecida polos pobos que deixaron a súa pegada gastronómica na Península.

Actualmente a nova gastronomía española é unha fonte de recursos económicos, turismo, industria e saúde. O futuro aposta pola transmisión de coñecementos e a innovación, e cada día son máis os establecementos nos que impera, ante todo, a calidade dos pratos e dos produtos.

Compárteo nas túas redes