Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Humor gráfico. Forges

  • Data de emisión: 09/10/2014
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 57.6 x 40,9mm
  • Tamaño da folla bloque: 220 x 170 mm
  • N.º de selos por folla bloque: 1 + 8 viñetas
  • Valor postal dos selos: 3.15 €
  • Tiraxe: 250.000
  • Temática: Forges

Humor gráfico. Forges

                                                HUMOR GRÁFICO

Forges é o protagonista desta primeira entrega dedicada ao humor gráfico que se pon en circulación. A emisión preséntase en formato folla bloque especial, composta por un selo e once viñetas sen valor postal, como se fose unha tira de humor gráfico. Nela vai escrita unha dedicatoria manuscrita polo humorista gráfico que di: “Para todo o persoal filatélico, con cariño (2014)”.
Antonio Fraguas de Pablo, coñecido como Forges, naceu en Madrid no ano 1942. Comezou a traballar cando era moi novo na TVE até que, no ano 1973, decidiu dedicarse profesionalmente ao humor gráfico. Foi durante esa primeira etapa cando publicou os seus primeiros debuxos no diario Pueblo, en 1964, e en Informaciones, e comezou a colaborar nas revistas de humor Hermano Lobo, Por Favor e El Jueves.
Incorporouse ao Diario 16 co chiste editorial no ano 1982, e anos máis tarde ao xornal El Mundo, do que foi un dos fundadores. Foi no ano 1995 cando comezou a publicar a viñeta diaria que sigue firmando hoxe en día no xornal El País.
Co seu humor ácido, realista e cargado de actualidade, Forges capta nos seus debuxos unha visión crítica do momento, cos personaxes e situacións da vida cotiá que invitan á reflexión. A linguaxe popular, as palabras inventadas, como estrozá, xensanta, bocata, esborcio…acércanse a un tipo de vocabulario recollido directamente da rúa. Entre os seus personaxes máis coñecidos e que sen dúbida mellor reflicten o carácter puntual da sociedade, atopamos a: Mariano e súa muller Conchas, os náufragos na illa que combaten a soidade con fantasía, os Blasillos da España rural, os tolos polo fútbol e o oficinista cabreado. Frases como: “Non esquezas….”, repetida días tras día por diferentes motivos, chaman a atención sobre feitos que ocupan as primeiras páxinas dos informativos.
Forges dirixiu dúas películas, varias series de humor en televisión e publicou libros en cómic sobre a historia de España e a Constitución. Entre os galardóns recibidos figuran: o Premio á Liberdade de Expresión; o Premio Lenda, pola defensa da lectura a través dos seus debuxos; a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e o Premio Nacional de Xornalismo Pedro Antonio de Alarcón.
Nesta folla bloque especial, os servizos de Correos aparecen en dúas viñetas consecutivas, nas que Forges fai unha divertida alusión aos mesmos.
 

Compárteo nas túas redes