Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Valores Cívicos Escolares. Solidaridad

  • Data de emisión: 21/09/2016
  • Procedemento de Impresión: Offset + Serigrafía
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 40.9 x 28.8 mm
  • Efectos en prego: 6
  • Valor postal dos selos: 0.57 €
  • Tiraxe: 200.000 minipliegos
  • Temática: Valores Cívicos Escolares. Solidaridad
  • Medidas: 162.8 x 162.8 mm

Solidaridad

VALORES CÍVICOS ESCOLARES. SOLIDARIEDADE

A solidariedade é unha actitude que se aprende, por iso, é moi importante que se fomente dentro das aulas dende a máis tenra idade.
Consiste en mostrarse unido a outras persoas, a certas causas, compartindo os seus intereses e as súas necesidades.
A solidariedade está moi relacionada coa xustiza, que pretende a igualdade de todos os seres humanos. Os bos sentimentos, como a solidariedade, complementan a xustiza.
Implica afecto, apoio, empatía. É un sentimento que determina o xeito de ver a realidade humana. Supón apreciar as cousas con outros ollos, implica un sentimento de fraternidade e de poñerse na pel do outro.
É fundamental na educación dos nenos a creación de hábitos cívicos e asumir rutinas que desenvolvan o respecto cara aos demais.
A solidariedade debe darse tanto no ámbito público como no privado, non só se debe falar de solidariedade cara a países desfavorecidos, tamén se debe mirar arredor, na proximidade.
Na aula, mediante o diálogo e a reflexión, débese mostrar a capacidade de construír valores como a solidariedade.
Os nenos deben desenvolver formas de pensamento que axuden a resolver conflitos de valor. É importante fomentar o autocoñecemento, a autonomía e a capacidade de diálogo.
Dende a escola téñense que xestionar programas solidarios que mostren aos alumnos que, grazas a eles, ao seu sentimento solidario, algo mellorará no mundo.
Con este motivo, Correos, dentro da serie Valores Cívicos Escolares, emite un miniprego de seis selos, no que cada un presenta unha sopa de letras imprimida en tinta termocrómica, onde, ao pasar o dedo por enriba, se resaltan valores solidarios diferentes en cada un dos seis selos: "Cos enfermos", "coa discapacidade", "contra o maltrato", "coa terceira idade", "cos necesitados" e "contra o racismo".
                                                                                                  
 

Compárteo nas túas redes