Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Tradiciones y Costumbres. Milagro de Santo Domingo de la Calzada

  • Data de emisión: 14/10/2016
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 28.8 x 40.9 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 1.30 €
  • Tiraxe: 250.000
  • Temática: Tradiciones y Costumbres

Sto domingo

TRADICIÓNS E COSTUMES. MILAGRE DE SANTO DOMINGO DA CALZADA

O Camiño de Santiago, está cheo de historias e lendas, algunhas delas convertidas en belas tradicións.

Unha delas é a que ten como protagonista a Santo Domingo da Calzada. Conta a lenda que unha familia de alemáns, un matrimonio e o seu fillo chamado Hugonell, estaban de peregrinación a Santiago de Compostela. Ao chegar a Santo Domingo hospedáronse nun mesón onde a filla do mesoneiro caeu namorada do mozo alemán. Ao non ser correspondida tramou a vinganza: agochou unha copa de prata no zurrón do mozo e denunciou o roubo. Ao día seguinte cando a familia se dispuña a seguir o seu camiño, as autoridades apresaron o fillo e condenárono a morrer na forca. Tras executarse a sentenza, os pais achegáronse ao corpo do fillo que aínda colgaba da soga e ante a súa sorpresa puideron comprobar que este seguía vivo e atribuía o devandito milagre ao Santo da cidade: "O benaventurado Santo Domingo da Calzada conservoume a vida contra o rigoroso cordel... dade conta deste prodixio", díxolles. Os pais asombrados foron en busca do correxidor da cidade para dar conta do acontecido, pero este, incrédulo díxolles que o mozo estaba tan vivo como o galo e a galiña asados que se dispuña a comer. Nese momento as aves recuperaron as súas plumas e a vida, dando fe daquel milagre.

Desta historia vén o dito "Santo Domingo da Calzada, onde cantou a galiña despois de asada".

Ademais deste milagre, son outros os que se lle atribúen ao Santo, como a curación dun cabaleiro francés do que dicían estar posuído polo demo; ou a recuperación doutro peregrino alemán no século XV que se curou dunha infección nos ollos tras visitar o sepulcro do santo.

O selo que se emite como homenaxe a esta lenda, recolle unha parte da vidreira elaborada polo artista Miguel Ángel Sáinz, chamada "Milagre do galo e a galiña", que se atopa, no interior da Catedral de Santo Domingo da Calzada, xusto enriba do galiñeiro e do anaco da madeira da forca do peregrino.

rif";mso-bidi-font-family:"Humnst777 Lt BT"; font-weight:normal;mso-bidi-font-weight:bold'>

 

Compárteo nas túas redes