Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

La Generación de los 50

  • Data de emisión: 20/10/2016
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: Indeterminado
  • Tamaño da folla bloque: 150.64 x 86.4 mm
  • N.º de selos por folla bloque: 4
  • Valor postal dos selos: 0.45 €, 0.57 €, 1.15 € y 1.30 €
  • Temática: Generación de los 50
  • Tiraxe bloque: 250.000

generacion 50

XERACIÓN DOS 50

Correos presenta unha nova serie dedicada ás xeracións, facendo un percorrido polos grandes fitos da recente historia da humanidade. Tras votación popular, elíxense os distintos motivos que protagonizarán os selos desta serie. Iníciase cos anos 50, unha década que supón a ruptura co anterior, co gris da guerra pasada que deixa paso a unha explosión de cor, onde os acordes dun novo xénero musical, o rock and roll, convidan a mover o corpo ao son de voces como a de Elvis Presley.

Os temas elixidos entre os subscritores para esta primeira folla bloque foron: os Premios Nobel Severo Ochoa e Juan Ramón Jiménez, a televisión, a conquista do espazo e a Vespa e o Seiscientos.

Premios Nobel: en 1956 foi galardoado o escritor Juan Ramón Jiménez co Premio Nobel de Literatura pola súa obra Platero y Yo. Máis tarde, en 1959, a Academia sueca outorgará este galardón, na categoría de Fisioloxía e Medicina, a Severo Ochoa polas súas investigacións sobre o ADN.

A televisión: outro dos selos mostra un dos inventos máis revolucionarios da época. A televisión como aparato xa viña de lonxe, pero foi nestes anos cando se realizaron as primeiras emisións de Televisión Española, abrindo unha nova dimensión nos fogares españois.

Conquista espacial: o terceiro dos selos recolle a imaxe dun satélite artificial, o Sputnik 1, que se lanzou por primeira vez ao espazo en 1957, e, tamén, a da cadeliña Laika, o primeiro ser vivo terrestre que viaxou ao espazo exterior.

A Vespa e o Seiscientos: o último dos selos mostra dous dos símbolos máis representativos destes anos, a moto Vespa e o Seat Seiscientos, que inundaron as rúas españolas democratizando o transporte e mellorando os desprazamentos nas cidades.

Esta época foron moitos os cambios, moitos os avances en diferentes campos, pero sobre todo, é unha época que deixou unha sensación de alegría e de ganas por seguir adiante.

Compárteo nas túas redes