Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Arqueología Industrial. Mareómetro de Portugalete

  • Data de emisión: 09/10/2017
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 28.8 x 40.9 mm
  • Efectos en prego: 20
  • Valor postal dos selos: 0.50 €
  • Tiraxe: 260.000 sellos

Mareometro

   Ver tamén    “Sobre de Primeiro Día”   -  “Cuño”


Ao final do peirao de Churruca, instalouse en 1883 un instrumento náutico que serve para medir a profundidade do leito. Rexistra os cambios que se producen nas mareas. Este aparato tiña unha grande importancia xa que facilitaba aos barcos o paso pola ría. Foi construído en París pola empresa reloxeira Borrell-Wagner.
O mareómetro é o testemuño dunha época na que o comercio desta cidade obtivo grandes avances e viviu unha época moi próspera.
Este aparato, en concreto, non rexistraba os datos, o único xeito  de controlar as subas e baixadas da auga era observando as agullas cun sistema semellante ao dun reloxo.
Máis tarde, instaláronse en España outro tipo de artefactos que se denominaron mareógrafos, que rexistraban os datos para o seu uso e comparación.
As novas tecnoloxías relegárono ao esquecemento. Tras anos de abandono, a Autoridade Portuaria de Bilbao decidiu restauralo e foi reinaugurado o dous de marzo do ano 2000, aínda que cun fin distinto ao orixinal. Xa non mide as mareas, pero serve para recordar outro tempo no que era un instrumento imprescindible para a navegación a través da ría, xa que grazas a el se podían evitar accidentes e perdas no comercio ao impedir que os barcos encallasen na area.
Xunto á Ponte Colgante e ao Peirao de Ferro, supón unha das iconas de maior referencia en Portugalete.
Este selo que se presenta emítese nun Prego Premium, cuxo fondo recolle unha imaxe da cidade, onde se pode ver o seu famoso peirao.
O Prego Premium recolle tamén o logotipo da EXFILNA 2017, xa que é nesta cidade onde este ano se celebrará a 55 edición da Exposición Filatélica Nacional. O logotipo en cuestión inclúe no seu deseño unha ilustración deste singular invento que protagoniza este novo selo.
O selo recolle unha ilustración do mareómetro sobre un fondo amarelo en alusión á bandeira da cidade.
 

Compárteo nas túas redes