Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Efemérides. 300 años Casa de Contratación de Cádiz

  • Data de emisión: 16/01/2018
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 40.9 x 28.8 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos:
    Tarifa B + Consultar tarifas vigentes
    - SELLOS / ETIQUETAS -
    Tarifas Año 2020
    A 0,65€
    A2 0,75€
    B 1.45€
    C 1.55€
  • Tiraxe: 200.000

Casa Contratacion

EFEMÉRIDES. CASA DA CONTRATACIÓN, CÁDIZ.
Correos recorda cun selo os 300 anos do traslado da Casa da Contratación a Cádiz.
A Casa de Contratación de Indias instalouse en Sevilla no ano 1503 para así regular o crecente tráfico comercial co Novo Mundo, acabado de descubrir.
Encargábase de controlar e xestionar todos os asuntos relacionados coa nova ruta comercial.
Máis tarde, empezou tamén a encargarse dos temas legais como tribunal encargado dos preitos que se xeraban en cuestións relacionadas co comercio das Indias.
Xa no s. XVIII, o 12 de maio de 1717, o rei Filipe V estableceu que a Casa de Contratación se trasladase a Cádiz, xa que a cidade fora adquirindo unha maior importancia debido a que a maior parte da frota saía dende o porto.
O selo que emite Correos, con motivo desta efeméride, recolle unha bela imaxe do castelo de Santa Catalina xunto ao mar. Sobre o horizonte, pódese ver un mapa antigo da cidade de Cádiz, da súa baía, que tantos barcos viu partir cheos de soños, e outros moitos viu chegar con novos e marabillosos produtos traídos dun novo mundo por descubrir.
Uns trazos de cores, que saen da baía, representan no selo as moitas viaxes que se sucederon durante anos dende España a América.
O selo que se pon en circulación con Tarifa B pasa a formar parte deses selos que plasman, para a posteridade, un período e un feito da historia do noso país, que tanto significou para a historia da humanidade.
A Casa de Contratación de Cádiz só estivo 73 anos nesta cidade, xa que en 1790 desaparece a institución. A supresión da Casa débese a que Carlos III implantará o Regulamento e aranceis reais para o comercio libre de España a Indias en 1778, que abrirá ao comercio 13 portos de España con 27 de América, o que fixo que xa non existise esa centralización no porto de Cádiz.
 
 
 

Compárteo nas túas redes