Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Efemérides. Protocolo de Madrid sobre la Antártida 1998-2018

  • Data de emisión: 10/01/2018
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 40.9 x 28.8 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 1.45 €
  • Tiraxe: 200.000

protocolo Madrid

Ver tamén    “Sobre de Primeiro Día”   -  “Cuño”

No ano 1991 asinouse en Madrid o Protocolo do Tratado Antártico sobre Protección do Medio Ambiente. Este tratado nace para reforzar o Sistema do Tratado Antártico e pola necesidade de incrementar a protección do medio ambiente ao outro lado do mundo.
 
Nese pacto, establécese que a Antártida sexa considerada como reserva natural “consagrada á paz e a ciencia”. Sete anos máis tarde, o 14 de xaneiro de 1998, entraría en vigor para os 28 países que o asinaran e, ao longo dos anos, ata 2015, foi ratificado por nove países máis.
 
O seu fin principal é protexer esta parte do mundo sobre todas as cousas, polo seu valor medioambiental e, tamén, o seu valor como zona para realizar investigacións científicas e así entender mellor o medio ambiente global.
 
Establece o xeito no que todos os Estados membros deben velar pola seguridade da zona e como deben responder ante catástrofes ou en casos de emerxencia. Tamén deben controlar o turismo para que non resulte prexudicial para o medio tan especial do continente antártico.
 
O selo que se emite conmemora a entrada en vigor do tamén coñecido como Protocolo de Madrid. Un fondo azul representa os océanos que rodean o continente. No centro, a imaxe da Antártida está rodeada por unha composición de todas as bandeiras dos países que participan deste tratado.  Da silueta do continente saen uns raios que recordan o emblema adoptado  polo Tratado Antártico no ano 2002. A bandeira española aparece nunha esquina do selo, así como as datas 1998-2018.
 
Este tratado é moi importante por todo o que significa. Grazas a esa protección, son moitas as investigacións que se levan a cabo nunhas condicións extremas, pero á vez especiais e fundamentais para conseguir grandes resultados. España dispón de dúas bases permanentes nesta remota zona do mundo, nas que se desenvolven numerosos proxectos. Referímonos á Base Antártica Juan Carlos I e á Base Antártica Gabriel de Castilla

Compárteo nas túas redes