Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

200 Aniversario nacimiento Cosme García Sáez

  • Data de emisión: 28/09/2018
  • Procedemento de Impresión: Sobre caucho
  • Papel: Autoadhesivo indivudual
  • Tamaño do selo: 43 x 33 mm
  • Valor postal dos selos: 1.35 €
  • Tiraxe: 180.000

COSME

200 Aniversario do nacemento de Cosme García Sáez.

Coa emisión deste selo, Correos pretende render unha merecida homenaxe ao rioxano Cosme García Sáez, un dos numerosos xenios esquecidos do noso país. Naceu en Logroño o 27 de setembro de 1818, no seo dunha humilde familia. Inquedo e autodidacta, dende moi novo mostrou unha gran facilidade para a mecánica e os estudos técnicos, que plasmaría anos despois na creación de inventos relacionados coas armas, a imprenta, o correo e a náutica.

Trasladouse a Madrid a comezos do Bienio Progresista e, dous anos despois, en 1856, presentou os seus tres primeiros inventos: un fusil de retrocarga, unha imprenta portátil e un  dispositivo “para toda clase de timbres en tinta”. Este último adoptouno en 1857 a Dirección Xeral de Correos para marcar, no anverso das cartas,  a data de expedición e no reverso, a de chegada,  de aí a súa denominación: datador 1857 ou Tipo II, que substituía o modelo de 1854 ou Tipo I. O cuño de aceiro de gran calidade, e fabricado no estranxeiro, deixaba unha pegada formada por dous círculos concéntricos de 19,5 e 11 milímetros de diámetro. No centro aparece a data, con expresión do día, as tres primeiras letras do mes inclinadas cara á esquerda e as dúas últimas cifras do ano. Na parte superior da coroa circular, o nome da vila e na inferior, a capital de provincia respectiva; cando é unha administración principal, na parte inferior aparece o seu número xerárquico. Este tipo de datador utilizouse ata finais da década de 1870.

O capital conseguido da venda dunhas 600 máquinas datadoras, e o mantemento destas entre 1857 e 1861, serviu a Cosme García para proseguir na súa carreira de inventor. Na súa visita á Administración principal de Barcelona, descubriu por vez primeira o mar e, de inmediato, comezou a desenvolver a súa patente máis famosa: o submarino. As probas do seu primeiro modelo realizáronse en augas de Barcelona en 1858, un ano antes que o Ictíneo I de Narciso Monturiol.

Como non podía ser menos, Correos innova no selo dedicado a un inventor; substitúe o papel por caucho e o motivo aparece en relevo: a silueta de Cosme García, o bosquexo do submarino baixo as ondas, a lenda e a pegada do datador 1857, que sobresae do lado dereito do efecto.  

Compárteo nas túas redes