Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

América UPAEP. Animales domésticos

  • Data de emisión: 15/10/2018
  • Procedemento de Impresión: Offset + plegado + troquelado
  • Papel: Adhesivo
  • Tamaño do selo: 40.9 x 57.6 mm
  • Tamaño da folla bloque: 61.47 x 79.86 (plegada)
  • N.º de selos por folla bloque: 1
  • Valor postal dos selos: 1.45 €
  • Tiraxe bloque: 180.000

UPAEP

AMÉRICA UPAEP

A Unión Postal das Américas, España e Portugal (UPAEP) foi fundada en 1911 por Francisco García y Santos, director xeral de Correos de Uruguai para promover e defender a prestación do servizo postal.

Dende 1989, os países membros da UPAEP emiten unha serie filatélica con selos baseados nunha temática común: este ano, o tema elixido son os animais domésticos.

O selo que emite España ten un deseño orixinal, cun cuño en forma de caseta de can. Ao despregalo, encontramos unha ilustración deste animal doméstico, que é a mascota máis popular nos fogares españois.

O mellor amigo do home é o perfecto animal de compañía para pequenos e grandes. Din que hai unha raza de can para cada persoa, xa que cada raza ten unhas características máis ou menos adecuadas á personalidade dos seus donos.

Os cans, ademais de facer compañía, tamén son heroes que rescatan persoas atrapadas en incendios, derrubamentos ou mesmo na auga. Outros realizan un gran labor, como cans policías, facilitando a resolución de moitos delitos, sobre todo, relacionados con temas de narcotráfico. Non podemos esquecer os cans guía, que facilitan a vida a persoas con problemas de visión.

A Filatelia española, e tamén a internacional, tivo presentes os cans en maior ou menor medida. Por exemplo, en Estados Unidos é unha das temáticas con maior popularidade. En Europa, tamén se emitiron numerosos selos cuxos protagonistas son estes animais fieis e intelixentes.

Os animais domésticos en xeral, e, o can en particular, son perfectos compañeiros de vida, ao igual que os selos.

Con esta nova emisión, Correos demostra unha vez máis o seu interese pola innovación no deseño dos selos, que se une a ese desexo común da UPAEP por mellorar e impulsar o mercado postal, aplicando as novas tecnoloxías e os elementos máis novidosos na súa creación.

 

Compárteo nas túas redes