Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Patrimonio de la Humanidad. Alcalá de Henares

  • Data de emisión: 05/11/2018
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 74.6 x 28.8 mm
  • Efectos en prego: 40
  • Valor postal dos selos: 0.65 €
  • Tiraxe: 180.000

Alcalá

PATRIMONIO DA HUMANIDADE. UNIVERSIDADE E RECINTO HISTÓRICO DE ALCALÁ DE HENARES

Este 2018 cúmprese o 20 aniversario da declaración da Universidade e o recinto histórico de Alcalá de Henares como patrimonio da Humanidade. Correos quixo sumarse a esta conmemoración coa emisión dun selo que reúne nunha ilustración varios dos monumentos máis coñecidos de Alcalá de Henares que lle outorgan a súa personalidade e que permitiron que a UNESCO considerase á súa universidade e ao recinto histórico Patrimonio Mundial en 1998.

No centro, en cor amarela, salienta a famosa fachada que se construíu na universidade de 1537 a 1561 polo arquitecto Rodrigo Gil de Hontañón e que representaba nas súas esculturas e relevos platerescos o saber e as doutrinas humanistas que se impartían na alma mater, todo baixo o escudo do emperador e rei Carlos V de Alemaña e I de España.

Á esquerda suca o ceo un dos símbolos da cidade, unha cegoña que desenvolve o seu voo sobre a fachada do convento das Madres Clarisas, famosas sobre todo polas súas améndoas garapiñadas, que durante moitos anos marcaron outro sinal importante dos seus obradoiros, tanto dos seus conventos coma das súas pastelarías privadas recoñecidas por este singular produto elaborado con esmero e dedicación.

Pecha o seu costado occidental unha torre ameada da cerca que marcaba lindes e destacaba tamén o pazo arcebispal dos Señores de Alcalá, os Arcebispos de Toledo, cuxo edificio magnífico foi pasto das lapas un mes despois de rematada a Guerra Civil, que destruíu por imprudencia un dos conxuntos monumentais máis belos de España, con patio e escaleira do grande arquitecto renacentista Covarrubias. En efecto, debaixo da muralla aprécianse as dúas fachadas que restan hoxe en día e que manifestan a grandeza que houbo de ter este excelente conxunto dos máis poderosos bispos de España.

Ao lado contrario e en tons grises obsérvanse outros dous edificios significativos de Alcalá. Debaixo da universidade a fachada principal da Igrexa Maxistral que reconstruíra o cardeal Cisneros, coa súa esvelta torre e chapitel resgando o azul celeste. Xa no lado extremo, o que simbolizaría o oriente, a fachada romana do Colexio da Compañía de Xesús, co seu frontón triangular, e as súas ordes clásicas sinalando a súa elegancia. As pirámides estilizadas, símbolo da eternidade no cristianismo sinalan os ángulos exteriores.

Todo un grupo evocador das esencias desta cidade madrileña chea de santos, de médicos e escritores famosos que deu a luz o máis grande da lingua castelá, a don Miguel de Cervantes.

Compárteo nas túas redes