Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

XX Congreso Estatal de Voluntariado

  • Data de emisión: 08/11/2018
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo
  • Tamaño do selo: 24.5 x 35 mm
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos:
    Tarifa A + Consultar tarifas vigentes
    - SELLOS / ETIQUETAS -
    Tarifas Año 2019
    A 0,60€
    A2 0,70€
    B 1.40€
    C 1.50€
  • Tiraxe: Ilimitada

Voluntariado

EFEMÉRIDES. XX CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO. OURENSE

A edición deste ano, do Congreso Estatal de Voluntariado, celebrarase na cidade de Ourense os días 28 e 29 de novembro próximos. Trátase dun foro anual de carácter estatal que congrega a todos os axentes claves na estruturación e desenvolvemento do fenómeno da acción voluntaria:   (Administración Pública, Entidades de Acción Voluntaria, Institucións Educativas, Medios de Comunicación e Mundo empresarial) constituíndo un importante espazo de reflexión e debate sobre os problemas que afectan e preocupan a acción voluntaria e as entidades sociais de todo o Estado. Na vixésima edición deste evento, a organización material corre a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia, coa cooperación financeira e técnica do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a Plataforma do Voluntariado de España e a colaboración loxística da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense).

Entre os obxectivos que se pretenden conseguir no mencionado encontro, baixo o título de “Enlázate ao voluntariado” atópanse os seguintes:

Establecer un espazo de reflexión sobre o futuro do voluntariado, recoñecendo os esforzos e a colaboración de todas as persoas voluntarias e das entidades de acción voluntaria que día a día se implican na atención das necesidades sociais.

Posta en valor do voluntariado no estado español, e singularmente en Galicia, que tal e como se desprende do último informe elaborado polo Observatorio da Plataforma do Voluntariado de España sobre a acción voluntaria en España é a Comunidade Autónoma máis comprometida e con maior índice de participación en materia solidaria.

Apoderamento da acción voluntaria como elemento dinamizador das accións altruístas na nosa sociedade e como un dos nosos activos mais importantes para encarar o futuro na creación dunha sociedade mellor, axudando a quen máis o necesita, así como a repercusión e importancia da actividade de voluntariado como un elemento de recoñecemento e de proxección para unha futura empregabilidade das persoas máis novas.

O selo emitido por Correos ten un deseño moderno que ademais do logotipo do Congreso engadiu como imaxes de fondo As Burgas e a ponte romana de Ourense como elementos relacionados coa auga tan importante para a cidade.

 

Compárteo nas túas redes