Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Efemérides. 40 años de la Constitución

  • Data de emisión: 09/11/2018
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 40.9 x 57.6 mm
  • Efectos en prego: 16
  • Valor postal dos selos:
    Tarifa A + Consultar tarifas vigentes
    - SELLOS / ETIQUETAS -
    Tarifas Año 2019
    A 0,60€
    A2 0,70€
    B 1.40€
    C 1.50€
  • Tiraxe: 176.000

Constitucion

40 ANOS DE CONSTITUCIÓN.

O 5 de xaneiro de 1978, o Boletín Oficial das Cortes publicaba o Anteproxecto de Constitución Española. Iniciábase o verdadeiro camiño á democracia.

A Carta Magna trouxo entre, outras cousas, a separación de poderes, a liberdade política e ideolóxica. Nela, tamén se recollen as aspiracións históricas e sociais de todas as vilas de España e o anhelo polo desenvolvemento e a unidade do país.

O texto, consta de 169 artigos e pode dividirse en tres partes: unha dogmática, dedicada sobre todo aos principios, dereitos e deberes fundamentais do Estado e do individuo; outra parte orgánica, dedicada ás institucións e as súas funcións; e unha última, que versa sobre a reforma propia da Constitución. Está composta ademais por un preámbulo, catro disposicións adicionais, nove disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e unha disposición final.

O 6 de decembro de 1978, o texto foi sometido a un referendo no que todos os cidadáns españois maiores de 18 anos puideron participar, decidindo se querían ou non que entrase en vigor a nova Constitución española.

Nesta votación, o “si” obtivo un 87 % de votos. O día 27 de decembro dese mesmo ano foi sancionado polo Rei e dous días despois, foi publicado no BOE.

Corenta anos despois, a Constitución Española segue rexendo a vida dos españois e cada 6 de decembro, o día no que o pobo apostou por ela, foi declarado festa nacional.

Correos, como xa fixeron no momento da súa promulgación e nos aniversarios máis significativos, celebra coa emisión dun selo o 40 aniversario da nosa Carta Magna.

O selo, presenta nun primeiro plano un dos leóns que custodian a entrada do Congreso dos Deputados, que repousa no logotipo que se creou para esta importante efeméride. Arredor da escultura, un esquema dos escanos do hemiciclo, cos escanos en foil, invítanos a tan importante celebración.

Compárteo nas túas redes