Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Numismática. Billete

  • Data de emisión: 09/11/2018
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 81.8 x 40.9 mm
  • Efectos en prego: 15
  • Valor postal dos selos: 3.30 €
  • Tiraxe: 174.000

Numismatica

NUMISMÁTICA

Por quinto ano consecutivo a Numismática é a protagonista dunha nova emisión filatélica.

Trátase dun billete de 500 pesetas coa efixie de Rosalía de Castro que foi a única figura feminina en ter presenza nos billetes de peseta. Este billete é de 1979 e estivo en circulación ata 1987.

Ao longo da historia numismática encontramos representadas bastantes mulleres, aínda que no pasado a maioría delas pertencían á realeza.

Pero hoxe en día atopamos outros rostros que van máis alá da monarquía. Moedas e billetes de distintos países, teñen como protagonistas a mulleres que comparten un carácter loitador, reivindicativo e a súa habilidade para saírse do canon da época que lles tocou vivir.

Rosalía de Castro foi unha desas mulleres. Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Filla ilexítima dun sacerdote, a súa infancia marcaríalle de tal xeito, que se ve claramente reflectida na súa obra.

Os seus primeiros anos coa familia paterna, a vida coa súa nai e a súa relación con ela, poden verse por exemplo nun tomo de poemas chamado Á miña nai, onde se demostra a gran dor que supuxo a súa morte e o sentimento de soidade que quedou para sempre nela. Tamén, na súa primeira novela, A filla do mar, é unha verdadeira homenaxe á súa proxenitora e á experiencia que marcou a súa vida como nai solteira.

O seu marido, Manuel Murguía, foi tamén un elemento importante na súa vida e tamén na súa obra. Á marxe de se foron felices ou non, o que é certo é que grazas a el, Rosalía lanzouse á vida literaria, aínda que por outro lado, foi o responsable da destrución da numerosa correspondencia da escritora, e ese feito, nos privou de coñecela máis a fondo a ela e á súa obra.

Ao igual que os selos, os billetes e as moedas cóntannos pequenas historias. Telos nas nosas mans convídanos a viaxar polo mundo, mergullarse na vida de personaxes ilustres e convértense en pequenas enciclopedias do país que os emite. De novo Correos, como por arte de maxia, unen nunha emisión a Numismática e a Filatelia.

Carmen Álvarez Casanova

Compárteo nas túas redes