Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Donnes Andorranes. M. LLuïsa de Riba

  • Data de emisión: 08/03/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 40.9 x 28.8 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 1.50 €
  • Tiraxe: 60.000

Andorra- Lluisa

Dones d’Andorra. Maria Lluïsa de Riba (1908 – 1993)

Maria Lluïsa de Riba Cassany foi a última descendente da liñaxe dos Rossell, unha das cinco casas máis importantes de Andorra. Coñecida tamén por “A Señorita”, faleceu o 24 de novembro de 1993 sen deixar testamento o que derivou nun complicado preito entre os numerosos aspirantes ao fastoso legado, que finalmente a xustiza sentenciou outorgarlle ao Estado.

Das numerosas propiedades e bens da familia salienta a Casa Rossell, un pazo construído en 1611 no que viviu ata os seus últimos días Maria Lluïsa e que o Goberno de Andorra incluíu no 2003 no inventario de Bens de Interese Cultural.

A familia Rossell, orixinaria da parroquia de Ordino, é unha das máis antigas do Principado e unha das que detivo maior peso económico e social en Andorra. A súa presenza está documentada dende o século XV e a súa fortuna proviña de bens agrícolas e gandeiros así como de varias fraguas de ferro distribuídas polos vales.

A última descendente da saga tiña o gusto por gardar todo tipos de obxectos e aparellos que a familia atesourara ao longo dos séculos, dende xoias e amuletos ata vestidos e outros obxectos de uso cotián que nos permiten hoxe en día coñecer, de primeira man, moitas facetas da sociedade en cada un dos momentos da historia en que viviron.

É tamén moi importante o legado documental e bibliográfico que deixaron, composto por un arquivo de máis de cinco mil documentos entre os que se inclúen libros censais, documentación administrativa ou libros tan relevantes como o “Idil.lis i cants mistics” que Jacinto Verdaguer lle regalou á familia, en agradecemento ao aloxamento que lle deron na casa durante a súa viaxe a Andorra.

No selo cun fondo da Casa Rosell, sede do Museo Postal onde durante máis dun ano estivo unha exposición para dar a coñecer un dos fondos patrimoniais de Andorra. Aparece a figura divertida de Maria Llüisa de Riba sobre a letra R cun tapizado floral.

 

Compárteo nas túas redes