Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Juvenia 2019. Burgos

  • Data de emisión: 07/05/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset + Calcografía
  • Papel: Engomado
  • Característica especial: Cold Foil + RA
  • Tamaño do selo: 57.6 x 40.9 mm
  • Tamaño da folla bloque: 150.64 x 86.4 mm
  • N.º de selos por folla bloque: 1
  • Valor postal dos selos: 3.50 €
  • Tiraxe bloque: 160.000

Juvenia

JUVENIA 2019. BURGOS.

Dende o 7 ao 11 de maio de 2019, Burgos albergará a Exposición Nacional de Filatelia Xuvenil, Campionato de España, máis coñecida como Juvenia. Organizada polo Círculo Filatélico e Numismático de Burgos e patrocinada pola Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, o Concello de Burgos e FESOFI, terá como sede principal o mosteiro de San Juan de Burgos.

Dende 1971, a Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) organiza Juvenia, onde se premian as mellores coleccións de mozos e mozas afeccionados á Filatelia procedentes de varios países europeos.

Correos, como vén sucedendo cada ano que se realiza este encontro, emite unha folla bloque cun selo dedicado a este evento. Nesta ocasión, a folla bloque recolle unha ilustración dunha das fachadas da catedral de Burgos co famoso rosetón en foil para darlle maior relevo. A protagonista da folla bloque, ao igual que desta Exposición Nacional, é a xuventude. Un deles estase a facer un selfie coa catedral de fondo; outros dous rapaces parecen falar e rir diante do monumento; por último, outro dos mozos realiza unha pirueta montado nun monopatín decorado co logotipo de Correos.

Este último sostén coa súa man o selo que este ano Correos dedica á Exposición. O selo presenta unha calcografía do mosteiro de San Juan de Burgos, lugar que acollerá a exposición.

O logotipo de Juvenia 2019 está presente tanto no selo coma na folla bloque.

Este selo ten a peculiaridade de ofrecer realidade aumentada, unha característica que sempre achega un gran valor á emisión.

Este tipo de exposicións seguen poñendo en evidencia que a Filatelia está máis viva que nunca e que non é unicamente unha afección para os maiores e que son moitos os mozos que se apaixonan cada vez máis pola arte de coleccionar selos

                                                                                                   Carmen Álvarez Casanova

Compárteo nas túas redes