Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Centenario de César Manrique

  • Data de emisión: 27/05/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 69.5 x 49.7 mm
  • Tamaño da folla bloque: 301.2 x 86.4 mm (desplegada)
  • N.º de selos por folla bloque: 1
  • Valor postal dos selos: 5.20 €
  • Tiraxe bloque: 160.000

 Cesar Manrique

ARTE CONTEMPORÁNEA. CENTENARIO DE CÉSAR MANRIQUE.

O 24 de abril de 2019 cúmprense 100 anos do nacemento dun dos artistas máis interesantes do noso país.

A illa de Lanzarote viu nacer a César Manrique unha primavera de 1919 no seo dunha familia de clase media.

Estudou os primeiros anos de arquitectura técnica pero pronto abandonaría estes estudos para gozar dunha bolsa na Academia de Belas Artes de San Fernando onde se graduaría como profesor de arte e pintura.

Viviu uns anos en Nova York onde completou os seus estudos artísticos e mesmo chegou a exhibir a súa obra en prestixiosas galerías.

Pronto sentiu nostalxia pola súa amada illa e cando volveu, fíxoo cunha idea clara: converter Lanzarote nun dos lugares máis bonitos do planeta, aproveitando as infinitas posibilidades e recursos que a illa ofrecía.

Pintor, escultor, arquitecto, ecoloxista, conservador de monumentos, conselleiro de construción, planificador de complexos urbanístico e paisaxista, Manrique debuxou Lanzarote tal e como a coñecemos hoxe en día, de feito, é difícil concibir a illa sen a súa relación co artista.

Morreu aos 73 anos nun accidente de tráfico moi preto de Arrecife. Ironías do destino, César Manrique morreu nun coche cando el mesmo detestaba a masificación de vehículos na súa illa.

Para Manrique, a natureza foi o núcleo referencial da súa arte, pero tamén da súa vida.

Con motivo do centenario do seu nacemento, Correos emite unha orixinal folla bloque en formato díptico que ao se abrir, amosa por un lado unha imaxe de César Manrique fincado nunha rocha típica da paisaxe da illa.

No outro carón da folla, aparece un detalle da obra de César Manrique. Mural Lanzarote (detalle), 1953 que representa algún dos aspectos máis típicos de Lanzarote. Os camelos, as vivendas típicas da zona, a paisaxe árida, os volcáns, as palmeiras e os cactos, as esculturas ou o mar que tanto lle gustaba contemplar, forman parte da composición protagonista da folla bloque.

Ninguén mellor que César Manrique para describir nunha frase a Lanzarote: Lanzarote é pura maxia... misterio. Beleza limpa, insolente e núa. Lección constante. A súa descoñecida e profunda natureza é consciente do grande espectáculo que ofrece. (César Manrique, c.1992)

Compárteo nas túas redes