Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Efemérides. 70 aniversario Consejo de Europa

  • Data de emisión: 05/05/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 40.9 x 28.8 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 1.40 €
  • Tiraxe: 180.000

Consejo Europa

EFEMÉRIDES. 70 ANIVERSARIO DO CONSELLO DE EUROPA.

En 1948 realizouse unha convocatoria non oficial, na cidade da Haia, por parte do Comité Internacional dos movementos pola unidade europea, composto por organizacións como a Liga Independente de Cooperación Europea, a Unión Europea de Federalistas ou o Movemento pola Unión Europea entre outros.

O obxectivo desta reunión foi o rexeitamento aos sentimentos nacionalistas e de odio, que tanto dano lle fixera á sociedade europea.

Reuníronse máis de mil delegados e tamén un gran número de observadores.

Dende o principio, os seus presidentes de honra e das comisións eran políticos de raza como Sir Winston Churchill, Paul Ramadier ou Salvador de Madariaga.

Os seus inicios supuxeron os alicerces da Unión Europea, coa creación do Consello de Europa ou do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

O proceso de democratización que viviu Europa nas últimas décadas favoreceu a adhesión de case todos os países do vello continente. Son 47 os estados membros do Consello de Europa, sendo Bielorrusia o único estado europeo que non forma parte desta organización.

Estados Unidos, Xapón, México e a Santa Sé son estados observadores.

O Consello de Europa está organizado segundo os elementos clásicos doutras organizacións internacionais. Está dirixida polo Comité de Ministros, un órgano intergobernamental permanente; o Tribunal dos Dereitos Humanos rexido pola Convención Europea de Dereitos Humanos; a Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa, formada por deputados e senadores dos 47 Estados membros; o Congreso de Poderes Locais e Rexionais que representa a nivel rexional o Consello de Europa; e a Conferencia de ONG, que coordina as achegas da sociedade civil.

O selo co que Correos celebra o 70 aniversario desta institución, amosa un detalle do edificio da Asemblea do Consello de Europa coa súa característica fileira de bandeiras dos países membros.

Completa o deseño o logotipo creado para a celebración desta importante efeméride.

Compárteo nas túas redes