Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

12 meses, 12 sellos. Albacete

  • Data de emisión: 03/06/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo
  • Tamaño do selo: 35 x 24.5 mm
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos:
    Tarifa A + Consultar tarifas vigentes
    - SELLOS / ETIQUETAS -
    Tarifas Año 2019
    A 0,60€
    A2 0,70€
    B 1.40€
    C 1.50€
  • Tiraxe: Ilimitada

Albacete

12 MESES 12 SELOS. ALBACETE

 

Xuño comeza con alfombras de serraduras realizadas polos veciños de diferentes poboacións da provincia de Albacete enchendo as súas rúas cun manto multicolor e espectacular para celebrar o Corpus Cristi.

Este mes a emisión 12 meses 12 selos dedícase á provincia de Albacete situada  nun cruzamento neurálxico de vías que a converte en punto estratéxico de comunicacións entre Andalucía, Levante e a Meseta. As poucas noticias firmes que se coñecen refírense a un vello castelo de época califal. É o núcleo do Al-Basit árabe que dará o seu nome á cidade, do que non quedan máis restos que certa cantidade de cerámica atopada xunto ao actual edificio da Deputación Provincial. Durante a época medieval esta zona foi escenario de moitas loitas entre cristiáns e musulmáns ata a conquista do castelo de Albacete en 1241, ao ano seguinte Pelayo Pérez conquista Chinchilla e Albacete pasaría a depender desta poboación en calidade de aldea.

Formando a letra A aparecen varios elementos que como fragmentos dun calidoscopio fan aparecer diferentes partes da provincia.

Na lectura de “O Quixote” nótase o deleite que producía en Cervantes a gastronomía da provincia de Albacete. Hoxe en día ese pracer cultívase con esmero en moitos dos seus fogóns, dos que seguen xurdindo milagrosos pratos tradicionalmente manchegos, como o atascaburras: Prato típico dos días de neve da provincia de Albacete, abrigo da serra, a base de bacallau desalgado e aceite de oliva; allo, ovos duros, aceite, patacas e noces fóronse incorporando posteriormente á receita orixinal. O aspecto é dunha mousse, a textura dun puré de pataca, pero agocha un sabor contundente.

Os miguelitos son uns doces típicos da localidade albaceteña de La Roda feitos a base de fino follado, recheos de crema e espolvoreados con azucre glas, e cuxo segredo reside nunha coidadosa e artesanal elaboración.

Na actualidade elabóranse con diferentes variedades de recheo: chocolate, chocolate branco... aínda que o máis demandado segue sendo o orixinal de crema.

Durante séculos, a técnica do aceiro de Castela-A Mancha foi recoñecida como un referente, e aínda se fala do aceiro toledano ou das navallas de Albacete. O seu segredo segue gardado con celo polos artesáns e industrias de Castela-A Mancha. A coitelaría é unha as actividades artesás máis importantes creando pezas caracterizadas pola súa duración, e pola súa capacidade de non perder o gume durante moito tempo.

Castelo de Alcalá del Júcar: Dende a distancia, Alcalá del Júcar ofrece unha visión espectacular: as casas, graduadas nun altísimo outeiro, dispóñense arredor da fortaleza, construída polos almohades entre os séculos XII e XIII. É un bo exemplo de arquitectura islámica, cunha torre grande pentagonal, e dúas pequenas torres de planta circular, dispostas en tres alturas. Restos da antiga muralla rodean a fortaleza. É interesante considerar que xa houbo aquí asentamentos iberos e romanos, que tamén elixiron o outeiro como punto de vixilancia e defensa.

 

Castelo de Chinchilla de Montearagón: O colosal foso tallado na rocha que rodea o castelo producirá vertixe ao visitante: a súa anchura é de dez metros e a súa profundidade de seis. Reconstruído no século XV, permítenos coñecer un castelo adaptado ao uso das armas de artillaría, incorporadas ás guerras na época. O recinto do castelo está rodeado de muros de cachotería, con estreitas seteiras, e torres cilíndricas nas esquinas. Aínda se poden apreciar restos de murallas da época musulmá e posterior, así como dúas portas, a de Diablos e a de Tiradores. Juan Pacheco, Marqués de Villena, mandou reconstruír o castelo sobre a fortaleza árabe chamada “XerifEl-Edrisi”. Pero ademais, en Chinchilla de Montearagón poden gozarse outras marabillas medievais, como escudos e casas grandes practicamente intactas, e restos arqueolóxicos iberos e romanos.

 

Para rematar aparece na franxa inferior a cor carmesí propia da bandeira da provincia

Compárteo nas túas redes