Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Coral de Ruada. Ourense

  • Data de emisión: 28/06/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 28.8 x 40.9 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0.60 €
  • Tiraxe: 180.000

Coral Ruada

OCIO E AFECCIÓNS. CORAL “DE RUADA”. OURENSE.

A Coral “De Ruada” comezou a xestarse en 1918 pero foi o 24 de xuño de 1919 cando debutou no Teatro Apolo de Ourense.

Segundo os xornais da época, aquela actuación tivo grande éxito para o público, sorprendendo sobre todo pola súa calidade interpretativa.

A base destas agrupacións adoita ser un coro de voces, de homes e mulleres, ataviados co traxe tradicional, acompañados polos tres instrumentos típicos da tradición galega: a gaita, o tamborileiro e o bombo, ademais de zanfonas e pandeiros.

Só no seu primeiro ano, a Coral iniciou unha xira por algunhas das cidades máis importantes de Galicia. Máis tarde, percorrería España pasando por Madrid, Asturias, Andalucía ou Barcelona, obtendo o aplauso e a satisfacción do público así como as mellores críticas.

En 1931, a Coral “De Ruada”, convidada polos Centros Galegos sudamericanos, cruzou o charco visitando Arxentina, Uruguai e Brasil.

A súa posta en escena encaixaba perfectamente as cancións populares con obras polifónicas e unha escenografía moi novidosa para a época que incluía a teatralización das máis antigas tradicións e símbolos galegos.

En 1956, cando é nomeado director Manuel de Dios, comezará unha nova etapa supoñendo un xiro substancial sobre todo o repertorio interpretado.

Este ano, a Coral cumpre o seu primeiro centenario. 100 anos cantando e narrando a historia de Ourense a través das raíces musicais galegas.

Por iso, a cidade que a viu nacer dedicoulle unha praza como homenaxe aos seus cen anos de esforzo e traballo levando Ourense en forma de música por todos os recantos do mundo.

Correos tamén quere sumarse á celebración deste centenario cun selo que recolle a ilustración que protagoniza a portada do libro-disco publicado pola Fundación Otero Pedrayo.

Tamén, sobre unha imaxe da Ponte Romana de Ourense, pódense ver os membros da formación nunha das súas extraordinarias actuacións. Todo o conxunto enmarcado coas páxinas das partituras como as que usan na coral.

Compárteo nas túas redes