Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Efemérides. 130 Años de UGT (1888-2018)

  • Data de emisión: 12/07/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, Engomado, Fosforescente
  • Tamaño do selo: 28.8 x 40.9 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 1,50
  • Tiraxe: 180.000

UGT

EFEMÉRIDES. 130 ANOS DA UGT (1888-2018)

Ás dez e media do 12 de agosto de 1888, no Círculo Socialista situado na rúa Tallers de Barcelona, iniciábase o Primeiro Congreso Nacional Obreiro. Vinte e seis delegados que representaban 44 sociedades de oficios se reuniran alí cun obxectivo común: constituír a primeira organización nacional de sociedades obreiras para defender os seus intereses fronte á patronal.

Organizada a base de sindicatos de oficio a ámbito local e por federacións a ámbito nacional, aprobaron un programa de fixación de salarios mínimos e unha xornada de oito horas diarias.

Unha das figuras máis importantes daquel congreso foi Pablo Iglesias Posse, motivo principal do logotipo do 130 aniversario da fundación da Unión Xeral de Traballadores (UGT).

O feito de que o fundador do Partido Socialista Español estivese tamén relacionado na fundación da UGT fixo que ambas as dúas organizacións estivesen moi vinculadas. Dato significativo é que no Primeiro Congreso do Partido Socialista Obreiro Español se estableceu como requisito para a militancia pertencer ao sindicato creado días antes.

En 1890 tivo lugar o II Congreso de UGT e, por primeira vez en España, realizouse o 1º de Maio, o  Día do Traballo e dos Traballadores, que actualmente se segue a celebrar cada mes de maio. A finais do século XIX, a UGT pasara a ter máis de 26.000 afiliados e, en 1910, o número alcanzaba os 43.000. Ese mesmo ano, Pablo Iglesias convértese no primeiro deputado obreiro de España.

Hoxe en día, a UGT é un dos dous sindicatos maioritarios, dentro dos máis representativos, e por iso é un interlocutor social. A Unión Xeral de Traballadores é unha organización progresista, comprometida, reivindicativa, democrática e independente con presenza en todos os sectores de actividade e en todo o territorio español.

O selo que conmemora os 130 anos dende a súa fundación recolle o logotipo deseñado para tan importante efeméride, co rostro do fundador Pablo Iglesias, ao igual que sucedeu co selo emitido por Correos en 1988 con motivo do primeiro centenario da organización.

 

 

 

 

 

 

Compárteo nas túas redes