Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

12 meses, 12 sellos. Zaragoza

  • Data de emisión: 01/07/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo
  • Tamaño do selo: 35 x 24.5 mm
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos:
    Tarifa A + Consultar tarifas vigentes
    - SELLOS / ETIQUETAS -
    Tarifas Año 2019
    A 0,60€
    A2 0,70€
    B 1.40€
    C 1.50€
  • Tiraxe: Ilimitada

Zaragoza

12 MESES 12 SELOS. ZARAGOZA

 

O mes de xullo da serie dedicada a 12 MESES 12 SELOS 12 PROVINCIAS, está protagonizado pola provincia de Zaragoza. A provincia está situada nun cruzamento natural de camiños ocupando a franxa central de Aragón, ao nordés da Península Ibérica.

As súas vilas amosan orgullosas os vestixios das culturas que marcaron a súa historia e un peculiar estilo de vida. Iberos, romanos, musulmáns, xudeus e cristiáns marcaron o desenvolvemento desta terra.

Do seu patrimonio artístico salientamos dous mosteiros cistercienses: Mosteiro de Veruela do que se incluíu un dos rosetóns que coroan as arcadas oxivais que se estenden polo claustro central do mosteiro; o Mosteiro de Piedra que agocha oito séculos de historia, nel atopamos as principais características da arquitectura cisterciense. Incorporouse a Torre da Homenaxe do s. XII xa que é o símbolo ou logo do Mosteiro.

 

Salientamos a inclusión da Basílica do Pilar aparecendo unhas das súas torres que se estenden elegantes sobre a cidade de Zaragoza, nos últimos anos unha das súas torres converteuse nun dos mellores miradoiros da cidade.

 

O Parque Natural do Moncayo, situado ao oeste de Zaragoza marcando unha fronteira natural coa veciña Soria, supón o punto máis alto do Sistema Ibérico e tamén desta provincia aragonesa, ascendendo ata os 2.315 metros de altitude o pico Moncayo ou San Miguel. O monte impoñente, sagrado polos celtiberos, berce mitolóxico dos romanos aparece maxestoso ocupando todo o fondo do selo.

 

A Reserva Natural da Lagoa de Gallocanta abrangue 1.925 hectáreas da lagoa máis 4.550 hectáreas de zona periférica de protección. A lagoa é coñecida por albergar infinidade de aves tanto residentes como durante os diferentes pasos migratorios. Estimouse que máis de corenta mil grúas chegan a esta braña en grandes bandadas entre os meses de outubro a marzo, constituíndo a súa entrada ao atardecer e a súa saída ao amencer un grande espectáculo visual e sonoro.

 

O escudo da Casa de Ganaderos cuxa creación se remonta ao medievo, en pleno apoxeo do Reino de Aragón, o 18 de maio de 1218 e dende os seus inicios pasa a controlar os temas que máis afectan os gandeiros zaragozanos, a xurisprudencia e os pastos.  A Casa foi cambiando de nome, adaptándose aos tempos e transformándose segundo os momentos económicos que lle tocaba vivir. Casa de Ganaderos foi xunta local, asociación, sindicato ou cooperativa segundo avanzaban os tempos e cambiaban os contextos económicos e políticos. Ata os nosos días. Recoñecéndoa como unha institución que durante oito séculos formou parte da historia deste país, e, co seu quefacer diario, axudou e segue axudando a conformar a cultura do ovino e convertela nunha das claves da identidade aragonesa.

 

Unha das súas festas máis coñecidas, e na que aparece un fragmento de tea do traxe do Cipotegato de Tarazona, mítico personaxe encapuchado e vestido de arlequín coas cores amarelo, verde e vermello que cada 27 de agosto ás 12:00 horas inicia o seu percorrido pola cidade mentres a multitude o persegue lanzándolle tomates.

Non podían faltar os “lastros” , caramelos bastante duros de moitos tamaños e hainos que ata   poden acadar os 5kg. Ten catro sabores tradicionais: laranxa, amorodo, limón e anís. O seu envoltorio salienta polas súas cores que nos extremos lembran o cachirulo, o pano típico das Festas do Pilar (tamén se incluíu un fragmento no selo), aínda que coas cores que indican o sabor do caramelo que leva dentro. No centro do papel atopamos unha imaxe da Virxe do Pilar tamén ataviada a xogo coa cor dos extremos. Pero o que máis gusta é que, unha vez aberto, no seu interior agóchase a letra de tres xotas aragoneses.

Non podía faltar Francisco de Goya, máximo representante desta provincia, incluíndose tamén a xeito de homenaxe filatélica un fragmento do selo de 1958.     

 

A franxa inferior é de cor vermella como unha das cores da bandeira da provincia.

 

 

Compárteo nas túas redes