Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Efemérides. 60 Aniversario de la DGT (1959- 2019)

  • Data de emisión: 26/07/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset+ cold foil
  • Papel: Estucado, engomado , fosforescente
  • Tamaño do selo: 40.9 x 28.8 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0.70 €
  • Tiraxe: 180.000

DGT

EFEMÉRIDES. 60 ANIVERSARIO DA DXT.

Dende 1959, a Dirección Xeral de Tráfico vela pola seguridade nas estradas e vías españolas.

Como indica o lema do seu 60 aniversario, “Avanzando con Seguridade”, durante estas seis décadas, a DXT foi adaptándose ás necesidades da circulación.

A finais do século XIX o nivel do tráfico en España, sobre todo nas grandes cidades, viviu un crecemento acelerado que creou a necesidade de controlar e regulamentar este novo fenómeno.

Por iso, en 1900 aprobouse o Regulamento para o Servizo de Coches Automóbiles polas Estradas do Estado. No ano 1935 levouse a cabo un dos maiores fitos da historia do tráfico no noso país, a creación do Código de Circulación que abranguería toda a regulación sobre a circulación de vehículos a motor e seguridade viaria ata a aprobación do Regulamento Xeral de Condutores en 2009.

Pero foi en 1959 cando se integraron nun só organismo todas as competencias relativas ao tráfico, e foi daquela que se creou a Xefatura Central de Tráfico, cuxa finalidade se basea sobre todo, no desenvolvemento de accións que se fundamentan principalmente en educar para mellorar o comportamento dos usuarios das vías de circulación, aumentando a fluidez nas estradas e sobre todo, dando prioridade absoluta á seguridade.

O selo co que Correos quere celebrar estes sesenta anos da DXT, amosa un fondo negro sobre o que se estenden varias liñas a modo de ronseis que simulan as estradas, que grazas ao verniz aplicado sobre o selo presentan tons fosforescentes.

O número 60 tamén está trazado con liñas representando  estas vías por onde cada ano circulan máis de corenta millóns de vehículos.

A Dirección Xeral de Tráfico leva sesenta anos coidando dos españois, a través das súas normativas cuxa única fin é velar pola seguridade de todos os usuarios, tanto condutores como peóns.

 

 

Compárteo nas túas redes