Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

10 aniv. Patrimonio Inmaterial de la Humanidad. Silbo gomero

  • Data de emisión: 07/11/2019
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 1,50
  • Tiraxe: 180.000

Silbo gomero

PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE. ASUBÍO GOMERO

Hai dez anos a UNESCO declaraba Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, o Asubío Gomero.

O Asubío Gomero é unha linguaxe asubiada, articulada, redutora e non convencional, que permite o intercambio ilimitado de mensaxes, reproducindo mediante asubíos características sonoras da lingua falada.

Os habitantes desta illa canaria desenvolveron esta linguaxe como consecuencia das necesidades de comunicación para facilitar a convivencia e a supervivencia dun ámbito, neste caso complicado xeograficamente.

O Asubío Gomero é a expresión principal da cultura popular de La Gomera sendo o seu sinal de identidade máis importante.

Esta linguaxe pasou de xeración en xeración, xeralmente no seo da familia e foi isto o que permitiu que hoxe en día, ao contrario que outros moitos tipos de linguaxe, mesmo linguas e dialectos, sobrevivise ata a época actual.

O asubío prodúcese introducindo un ou máis dedos na boca (tamén se pode facer sen dedos), soprando o aire coa intensidade e ritmos adecuados, xogando cos dedos e coa lingua, conseguindo emitir sons que imitan a linguaxe natural.

Se as condicións ambientais o permiten, a mensaxe pode acadar varios quilómetros de distancia. Se o destinatario final estaba demasiado lonxe, a mensaxe pasábase dun asubiador a outro ata chegar ao seu destino.

Os novos tempos e sobre todo a chegada das novas tecnoloxías, puxeron en perigo de extinción esta marabilla cultural. Grazas ás iniciativas de diversos axentes sociais das illas, sobre todo de La Gomera, conseguiuse protexer cunha lexislación concreta para preservar esta linguaxe asubiada.

O selo que conmemora o décimo aniversario da declaración do Asubío Gomero como Patrimonio Inmaterial da Humanidade, presenta a ilustración dunha rapaza articulando cos seus dedos unha mensaxe nesta linguaxe ancestral.

Compárteo nas túas redes