Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Maravillas del Mundo Moderno. Petra

  • Data de emisión: 14/01/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 74,6 x 28,8 mm
  • Efectos en prego: 12
  • Valor postal dos selos:
    Tarifa C + Consultar tarifas vigentes
    - SELLOS / ETIQUETAS -
    Tarifas Año 2020
    A 0,65€
    A2 0,75€
    B 1.45€
    C 1.55€
  • Tiraxe: 16.000 PP

Petra

MARABILLAS DO MUNDO. Petra

Poucos lugares no mundo deixan unha pegada tan imborrable na retina do viaxeiro como o fai a antiga cidade de Petra. Os vestixios das súas milenarias ruínas e as monumentais tumbas señoriais escavadas na rocha, accesibles unicamente a través de angostos desfiladeiros, logran que a experiencia do viaxeiro teña o sabor da aventura clásica mesturada co irreal e o onírico.

Sábese, por restos de antigos asentamentos, que a zona foi habitada dende o 7.000 a.C aínda que foi a partir do 1.200, en plena Idade do Ferro,  cando se establece o pobo edomita, quen á súa vez acollerá o pobo nabateo, auténtico fundador da cidade de Petra.

O reino Nabateo establecerá a súa capital en Petra, que logrará a súa máxima extensión e prosperidade no século II a.C grazas ás rutas comerciais que, sucadas por caravanas cargadas de especias, sedas, incenso e outros produtos exóticos procedentes de oriente, recalaban para descansar e tomar provisións para logo continuar o seu traxecto cara a Roma.

Coa incorporación da capital no século I a.C ao imperio romano, a cidade acadará o seu máximo esplendor ao construírse e remodelarse algúns dos seus edificios máis importantes como o extraordinario Khazbeh ou Tesouro, cuxa imaxe ilustra o selo, o Deir ou Mosteiro, o teatro ou a gran vía columnada que daba acceso á cidade.

Paradoxalmente, será durante o período romano cando se abran novas rutas comerciais marítimas e terrestres que provocarán o illamento progresivo e a decadencia da cidade, que perderá a súa riqueza e relevancia.

No ano 363, unha serie de violentos terremotos destruirán practicamente toda a cidade, que será progresivamente abandonada ata quedar sepultada polo esquecemento, sendo só coñecida e ferozmente defendida por tribos de beduínos.

En 1812 o explorador suízo Johann Ludwig Burckhardt  redescobre a cidade, comezando a organizarse expedicións arqueolóxicas que revelan a antiga cidade aos europeos.

A Unesco inscribiu a Petra na súa Lista de Patrimonio Mundial en 1985 e foi seleccionada en 2007, como unha das sete marabillas do mundo moderno.

Petra continúa a serie Monumentos do Mundo Moderno que comezou en 2015.

O selo reproduce a imaxe do templo Al Khazneh (O Tesouro) e preséntase nun prego Premium ademais de que tamén terá unha tarxeta enteiro postal como o resto da serie.

Compárteo nas túas redes