Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Efemérides. Cimera Iberoamericana

  • Data de emisión: 11/02/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 57,6 x 40,9 mm
  • Efectos en prego: 16
  • Valor postal dos selos: 0,75 €
  • Tiraxe: 60.000

Andorra_Cimera Iberoamericana

EFEMÈRIDES. Cimeira Iberoamericana

O Principado de Andorra será a sede, no mes de novembro de 2020, do  XXVII Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno que congregará representantes de 19 países Iberoamericanos, ademais dos de España, Portugal e o propio Principado. 

En novembro de 2018, Andorra asumiu a Secretaría Pro Tempore da Conferencia Iberoamericana co obxectivo de coordinar de xeito conxunto coa Secretaría Xeral Iberoamericana, todas as reunións, foros e encontros da conferencia ata o Cumio de 2020.

Baixo o lema “Innovación para o desenvolvemento sostible – Obxectivo 2030”, a vontade de Andorra non é outra que a de impulsar a innovación en Iberoamérica para cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, incidindo nas oportunidades que xera a innovación dende as diferentes dimensións do desenvolvemento sostible como a social, a cultural, a educativa, a ambiental e a económica.

As reunións constitúen un foro privilexiado para tratar asuntos multilaterais xa que facilitan un apoio e control entre pares, unha responsabilidade compartida, unhas normas estándar recoñecidas por todos e espazos de diálogo e de iniciativa a nivel global, ademais de fomentar un clima de confianza entre os diversos actores que permiten intercambiar experiencias e concertar posicións comúns fronte aos desafíos aos cales se enfronta a rexión.

Andorra asinou o tratado de constitución da Secretaría Xeral Iberoamericana no ano 2005, polo que a celebración do Cumio coincidirá coa celebración do 15 aniversario da participación activa do Principado.

O selo amosa un xogo de  deseño coa forma do logotipo do cumio mostrándose a Església de Santa Coloma.

Compárteo nas túas redes