Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

500 años nacimiento de D. Pedro Menéndez de Avilés

  • Data de emisión: 14/02/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,75 €
  • Tiraxe: 160.000

Pedro Menéndez de Avilés

PERSONAXES. 500 anos do nacemento de Don Pedro Menéndez de Avilés

Houbo un tempo no que a  soa mención de Pedro Menéndez de Avilés infundía pavor entre os corsarios que fustrigaban a frota española, provocaba admiración entre os mariños que cruzaban o océano e infundía un profundo respecto e confianza aos dous reis españois aos que serviu: Carlos I e o seu fillo Felipe II. Do actual esquecemento, rescatamos a través deste selo a quen é considerado como un dos máis grandes navegantes que tivo a historia de España. Un personaxe que ao longo da súa vida logrou ser Adiantado da Florida, Capitán Xeral das Indias, Gobernador Xeral da illa de Cuba e Conselleiro de Indias.

Nado o 15 de febreiro de 1519, de mozo deu mostras do seu carácter audaz e intrépido embarcando con tan só catorce anos para combater a pirataría. Anos despois, puido armar a súa propia embarcación na que se enrolaron dous dos seus irmáns e seu cuñado, Gonzalo Solís de Merás, quen sería ademais o cronista da súa xesta. En pouco tempo acadou gran fama como cazador de piratas, logrando a súa maior fazaña asaltando o porto de La Rochelle co fin de dar morte ao corsario Jean Alphonse de Saintonge e rescatar cinco navíos españois que secuestrara. Coñecedor da súa audacia e valor, Carlos I outorgoulle patente de corso para defender de piratas o Cantábrico e o Caribe.

En 1565 Felipe II noméao Adiantado da Florida co fin de explorar e colonizar o novo territorio e defendelo da presenza de hugonotes franceses que comezaban a se establecer na rexión. Ademais, o propio navegante albergaba a esperanza de atopar o seu fillo, tamén mariño, que naufragara na zona uns anos antes. Da súa estancia en Florida, Pedro Menéndez logrou fundar a poboación habitada máis antiga de América do Norte, San Agustín e unha rede de fortificacións que defendían os novos asentamentos.

En 1574 foi nomeado Capitán Xeral da frota que debía de auxiliar a Luis de Requesens na rebelión de Flandres, falecendo por enfermidade o 17 de setembro dese mesmo ano.

Á súa vida de exploración e viaxes hai que engadir as importantes achegas que realizou á navegación marítima en cartografía, arquitectura naval e abrigo, deseñando ata o máis mínimo detalle a Frota de Indias, que de xeito regular, comunicaría ao longo dos séculos España co Novo Mundo.

Compárteo nas túas redes