Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

DISELLO

  • Data de emisión: 05/02/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 24,5 X 35 mm
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,65 € y 1,45 €
  • Tiraxe: Ilimitada (general: 15.200.000; juvenil: 500.000 sellos)

DISELLO

VI CONCURSO DISELLO 2019

Por sexto ano consecutivo Correos organizou durante o ano 2019 o Concurso Nacional de Deseño de Selos cunha ampla participación que chega ás 1.646 persoas. Nesta ocasión incrementouse a participación na categoría xeral (maiores de 18 anos) con 892 obras respecto á categoría xuvenil (entre 12 e 17 anos) con 754 deseños.

Ao igual que na convocatoria anterior a temática foi libre podendo os participantes deixar voar a súa imaxinación.

O deseño sempre é un reto á imaxinación, pero deseñar para un espazo tan pequeno e que condense toda a información que se queira contar (8 cm2) require un dobre esforzo que, á vista da calidade das obras presentadas, os participantes superaron notablemente amosando unha morea de historias diferentes.

Un xurado composto por personalidades do deseño e a ilustración elixiu 20 finalistas por categoría sumadas ás 20 seleccionadas por votación popular. Das 80 obras finalistas, 40 por categoría, o xurado decidiu os premiados do VI Concurso Nacional de Deseño de Selos 2019:

1º Premio categoría xeral, David Pavón Benitez

1º Premio categoría xuvenil, Ana Barrio Sagredo, alumna do colexio Niño Jesús Burgos (Burgos).

O selo gañador na categoría xeral, mostra unha ilustración titulada polo seu autor El pequeño Sobrecillo y su perro van a clase que a través dos seus trazos humanos podemos imaxinar un neno que, coa súa mochila, vai ao seu primeiro día de colexio. É un comezo dunha historia que deixa libre a súa continuación a todos aqueles que reciban unha carta co seu selo.

Na categoría xuvenil, a obra foi definida pola súa autora como: o meu debuxo é unha nena estirada sobre a herba relaxándose. É un debuxo pintado con rotulador e lapis de cor cun estilo orixinal e naif que nos traslada a infancia onde o importante é gozar de todos os momentos mesmo nos de non facer nada e só contemplar a natureza que nos rodea.

 

Os dous gañadores terán a satisfacción de poder ver o seu deseño en circulación, xa que Correos se encargará de producir e emitir no ano 2020 os selos cos deseños premiados. Ademais, coma no ano pasado, a aposta de Correos por fomentar e achegar o mundo do deseño no selo a un gran número de persoas, fai que o debuxo do primeiro premio da categoría xeral, ademais de ver o seu deseño nun selo emitido este 2020, terá a oportunidade de deseñar diferentes obxectos filatélicos durante o 2020 (selos, cuño, sobres de primeiro día...)

Poderemos gozar cunha exposición de todas as obras finalistas ademais das dúas gañadoras en València do 5 de febreiro ao 10 de marzo.

En breve comezará a VII convocatoria do Concurso Nacional de Deseño de Selos 2020 que terá como temática un selo polo clima dende Correos anímase a participar para difundir o valor do selo como medio de soporte de expresión artística, de contador de historias e transmisor de cultura, ademais por suposto, da súa función como elemento de franqueo.

Compárteo nas túas redes