Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Patrimonio mundial. Arquitectura mudéjar de Aragón

  • Data de emisión: 19/03/2020
  • Procedemento de Impresión: Calcografía y offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente mate
  • Tamaño do selo: Circular 32 mm
  • Tamaño da folla bloque: 104,5 x 150 mm
  • N.º de selos por folla bloque: 1
  • Valor postal dos selos: 5,45 €
  • Tiraxe bloque: 140.000 HB

Arquitectura mudéjar

PATRIMONIO MUNDIAL. ARQUITECTURA MUDÉXAR DE ARAGÓN

A Torre de San Martín de Teruel é a protagonista da folla bloque que este anos Correos emite dentro da serie Patrimonio Mundial. Este mesmo motivo é o que aparece na moeda que se pon en circulación este ano e que é precisamente a que representa o selo Patrimonio Mundial 2020.

A convivencia das “tres culturas”, a musulmá, a cristiá e a xudía na Península Ibérica, deu lugar ao coñecido como Arte Mudéxar.

Dentro deste particular estilo, o mudéxar aragonés, presenta diferentes características que o afastan doutros territorios como Castela ou Andalucía onde tamén existen numerosas manifestacións deste estilo.

O emprego de materiais como o ladrillo, o xeso ou a cerámica, considerados menos valiosos economicamente, unidos  a outros máis sofisticados como usados para a ornamentación, deu lugar a unha expresión plástica nova e singular, que deixou construcións tan impresionantes como a que queda representada neste selo.

Esta preciosa torre do século XIV que forma parte da igrexa de San Martín, foi declarada en 1986 Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO.

De planta cadrada e atravesada por unha rúa que cobre cun canón apuntado, alberga no seu interior unha segunda torre que axuda a conformar unha serie de corredores e escaleiras cubertos todos eles con bóvedas de ladrillo.

Pero é no exterior onde se pode apreciar a súa grandeza: o ladrillo mesturado coa cerámica vidrada en verde e branco, os panos de ladrillo resaltado ou os lazos que forman as estrelas de oito puntas fan que esta construción sorprenda pola súa gran beleza.

Un ano máis, Correos emite un selo, enmarcado nunha bonita folla bloque, co que pretende dar a coñecer aqueles monumentos e recantos de España que teñen a honra de ostentar a cualificación de Patrimonio Mundial da Humanidade.

Os selos e, neste caso tamén as moedas, teñen a capacidade de viaxar polo mundo e servir de escaparate ao país que os emite e pon en circulación.

Compárteo nas túas redes