Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Cultura popular. Collar lloper

  • Data de emisión: 19/03/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 1,45 €
  • Tiraxe: 60.000

Andorra_Collar Lloper

ANDORRA. CULTURA POPULAR. Collar lloper

Traducido de xeito literal como colar lobeiro ou para lobos ou carranca, é un colar de ferro recuberto de pugas que se cingue ao pescozo dos cans pastores para armalos fronte aos ataques de lobos e outros depredadores.

En ocasións, a súa fabricación facíase con coiro ao que se lle incrustaban as puntas de ferro que protexían o pescozo do can.

É probable que o seu uso se remonte ao tempo no que o canis lupus foi domesticado polo home para que lle axudase tanto nas súas tarefas gandeiras, conducindo e defendendo rabaños, como na caza, asistindo ao cazador no rastrexo, persecución e captura das presas.  Nestas tarefas era indispensable dispoñer dun dispositivo que defendese o animal dos ataques das feras que podían provocarlle a morte.

O ser humano tamén apreciou a capacidade do can para defender persoas e fogares e especialmente, pola compañía que xenerosamente lle ofreceu.

O motivo do selo mostra unha ilustración dunha carranca forxada integramente de ferro xunto á   silueta dun lobo ouveando.

Compárteo nas túas redes