Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

12 meses, 12 sellos. Ciudad Real

  • Data de emisión: 29/05/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 35 x 24,5 mm
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos:
    Tarifa A + Consultar tarifas vigentes
    - SELLOS / ETIQUETAS -
    Tarifas Año 2020
    A 0,65€
    A2 0,75€
    B 1.45€
    C 1.55€
  • Tiraxe: Ilimitada (240.000 sellos)

12 meses_Ciudad Real

12 MESES 12 SELOS. Cidade Real

Natureza, gastronomía, arte e literatura forman parte dos atributos que atesoura a provincia de Cidade Real e que sintetizan o motivo do selo do mes de maio da serie “12 meses, 12 selos.”

A natureza, representada polo Parque Nacional das Táboas de Daimiel, último representante do ecosistema de táboas fluviais, constitúe na actualidade unha das brañas máis importantes de Europa.

Modelando as iniciais da provincia recoñecemos a gastronomía na forma de queixo manchego e a copa de viño, en representación das  diversas denominacións de orixe que ostenta a provincia, como a D.O La Mancha, Valdepeñas, Pago Casa del Blanco, Dehesa del Carrizal ou Pago Florentino.

A cúpula que enaltece a torre da catedral de Santa María del Prado de Cidade Real e un muíño de vento de Campo de Criptana representan a arquitectura sacra e popular, características da provincia.

Edificada sobre unha ermida do século XIII, da que só se conserva a Porta do Perdón e un rosetón, a catedral de Cidade Real ostenta o título de priorado das ordes militares de Calatrava, Montesa, Alcántara e Santiago dende 1875 pola bula do papa Pío IX.

Os muíños de vento que adornan a paisaxe de Campo de Criptana constitúen unha das iconas de Castela-A Mancha en España e mesmo de España no mundo, grazas á xenial obra de Miguel de Cervantes que sitúa  no lugar, o célebre lance de Don Quixote cos xigantes.

Xunto á segunda inicial, apréciase o famoso helmo de Don Quixote da Mancha, a bacía de barbeiro que o enxeñoso fidalgo creu ver nel, o fabuloso Helmo de Mambrino e que o propio Cervantes denominou,  en boca de Sancho Panza, baciyelmo.

A faceta literaria da provincia supera a obra cervantina e adquire tinguiduras escénicas no municipio de Almagro, representado por unha da galerías acristaladas da súa praza maior. O seu curral de comedias do século XVII, o máis antigo de Europa, permanece activo catrocentos anos despois da súa inauguración.

A banda inferior encarnada reproduce a cor da bandeira da provincia.

Compárteo nas túas redes