Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Ocio y aficiones. Juego de cartas

  • Data de emisión: 11/06/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset, troquelado y remachado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 57,6 mm
  • Efectos en prego: 1 sello + 3 viñetas
  • Valor postal dos selos: 3,80 €
  • Tiraxe: 140.000

Juego de cartas

OCIO. Xogo de Cartas

Enxeño, astucia, estratexia e sorte foron algúns dos ingredientes cos que o xogo de cartas soubo seducir dende sempre o ser humano, sen importar a clase social, o xénero, a idade e nin sequera a nacionalidade. Un xogo cuxa atracción tamén a provoca o deseño, o simbolismo e a iconografía que adereza as cartas,  que en ocasións serve para xogos de ilusionismo e mesmo para adiviñar o futuro, como sucede coa baralla do tarot.

A pesar da súa orixe aínda discutida, considérase que o máis probable fose en China onde nacesen as cartas, nación que dende o século XII xa utilizaba a imprenta de tipos móbiles sobre papel de arroz, para logo expandirse pola India, Persia e Exipto.

A súa chegada a Europa realizouse a través do comercio da Ruta da Seda ou talvez, mesmo, das Cruzadas, recalando en primeiro lugar en Cataluña, no século XIV. A iconografía que exhiben esas cartas é a que se utilizaba nos países da conca mediterránea, as chamadas cartas mamelucas, cos catro paus da baralla moi semellantes aos que coñecemos hoxe en día. A primeira mención aos naipes nun texto europeo provén dun documento de Barcelona, datado en 1371.

Ao longo do século XV, o xogo de cartas esténdese por toda Europa, mantendo a iconografía que ao longo dos séculos se irá adaptando ás particularidades de cada nación, como acontece coa baralla alemá ou a francesa.

En España, os naipes mantiveron practicamente a súa iconografía orixinal, que deron lugar a multitude de diferentes xogos e a un rico e curioso vocabulario.

A presente emisión conta coa orixinalidade de ser un prego cun selo e tres viñetas, que se presentan en forma dunha baza coas catro principais cartas da baralla, cada unha dun pau distinto,  co deseño e as icónicas imaxes de Heraclio Fournier: a sota de espadas, o cabalo de copas, o rei de bastos e o ás de ouros.

Compárteo nas túas redes